miniatura|Unha rosa fronte ao Hospital Xeral de Viena o 25 de novembro de 2023, Día da Revolución das Rosas. A Revolución das Rosas (castelán: La Revolución de las rosas; inglés: Roses Revolution) foi un movemento internacional creado en España en setembro de 2011, que consitiu en levar rosas a hospitais e outros edificios institucionais para denunciar as súas prácticas de violencia obstétrica. - principalmente o 25 de novembro, el Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
Historia O movemento xurdiu tras publicar a Sociedade Española de Xinecología e Obstetricia (SEGO) na súa gaceta unhas viñetas, ao parecer humorísticas, baseadas no menosprezo ás usuarias destes servizos médicos e aos protocolos e recomendacións para o nacemento da OMS. A asociación El parto es nuestro reaccionou iniciando unha denuncia á que se foron sumando medios especializados, o Defensor do Paciente, profesionais do sector, mesmo membros da propia asociación, como a Doutora Miriam Al Adib Mendiri.
A activista Jesusa Ricoy propuxo desde o grupo de Facebook "Señores de la SEGO, no somos un chiste" e desde un blog propio a primeira acción do movemento, "Ponle nombre" (tamén chamada, sobre todo a nivel internacional, "El miércoles de las rosas"). Consistía en depositar unha rosa ás portas da SEGO en representación das vítimas de violencia obstétrica. A partir desa idea, os deseñadores Belén Gaudes Teira e Pablo Macías Alba crearon o logotipo baixo o que se foron unindo novos núcleos noutras cidades europeas e latinoamericanas en 31 países diferentes.
Amais de repetir esta acción en distintas ocasións, o movemento tamén denunciou as fotografías subidas a Instagram por un estudante de medicina venezolano durante a asistencia a un parto e liderou unha marcha multitudinaria en Hungría o 20 de marzo de 2016.
En 2016, Ricoy asistiu a unha conferencia en Berlín da ENCA (a Rede Europea de Asociacións de parto). Alí unha comadroa alemá explicoulle o impacto que a Revolución das Rosas estaba a ter no seu traballo, sen saber que se trataba da fundadora. Tras ese momento, Ricoy e Susana Ferreiro, quen se ocupara de gran parte da organización administrativa do movemento, deron un paso atrás no liderado do mesmo. A intención do seu xesto era que o movemento o xestionasen directamente as mulleres que se foran unindo, en coherencia co obxectivo de contribuír a que as vítimas de violencia obstétrica "puidesen recuperar a súa dignidade e poder tras sentírense humilladas, insultadas e feridas nos seus partos".
A Revolución Rosa está apoiada polo Comité Nacional Alemán de ONU Mulleres.UN Women Deutschland: Roses Revolution
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina oficial da ENCA Páxina oficial da SEGO Páxina THE ROSES REVOLUTION La Revolución de las Rosas España en Facebook
Categoría:Xinecoloxía Categoría:Movementos sociais