O Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda (en inglés: Citizens Coinage Advisory Committee —CCAC—) é un órgano consultivo creado en 2003 no seo do Departamento do Tesouro dos Estados Unidos, para asesorar o seu secretario acerca das cuestións relativas á moeda.

Este comité substitúe o anterior Comité Consultivo Cidadán sobre Moedas Conmemorativas (Citizens Commemorative Coin Advisory Committee —CCCAC—).

Lawrence Brown foi nomeado o 30 de xaneiro de 2022 como presidente do Comité."Secretary of the Treasury Appoints Dr. Lawrence Brown to Chair Citizens Coinage Advisory Committee". United States Mint. 28 de xaneiro de 2022.

Creación O Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda foi creado polo Congreso dos Estados Unidos en virtude da Lei Pública 108-15, do 23 de abril de 2003, coa finalidade de asesorar o secretario do Departamento do Tesouro acerca dos temas e dos deseños de todas as moedas e medallas oficiais emitidas nos Estados Unidos."Public Law 108-15 - APR. 23, 2003". Govinfo.gov"Mission and Purpose of the CCAC". Citizens Coinage Advisory Committee.

Neste sentido, o Comité representa imparcialmente os intereses dos coleccionistas numismáticos e da cidadanía estadounidense.

Funcións Consonte a lei pola que se creou, ao Comité asígnanselle tres funcións principais:"About Us ". Citzens Coinage Advisory Committee.

Asesorar o secretario do Tesouro sobre os temas e os deseños tanto das moedas circulantes como das emitidas para o coleccionismo ou para o investimento en metais nobres, así como das medallas oficiais. Asesorar o secretario do Tesouro en relación cos acontecementos, as persoas e os lugares que deben conmemorarse nas moedas conmemorativas. Formular recomendacións con respecto ás tiraxes que deben ter as moedas conmemorativas recomendadas.

Logo de cada reunión do Comité, o secretario do Tesouro é informado mediante carta dos acordos tomados no encontro. Ademais, o CCAC publica informes anuais destinados tanto ao secretario do Tesouro como á Comisión de Servizos Financeiros da Cámara de Representantes e á Comisión de Banca, Vivenda e Asuntos Urbanos do Senado."CCAC Annual Reports ". Citzens Coinage Advisory Committee.

Composición O Comité está composto por 11 membros nomeados polo secretario do Tesouro, que responden aos seguintes perfís:"Members ". Citzens Coinage Advisory Committee.

Sete persoas son propostas directamente polo secretario do Tesouro: Unha persoa con recoñecemento nacional e internacional no ámbito numismático, pola súa formación e pola súa experiencia como conservador dunha colección numismática importante. Unha persoa experta no ámbito das medallas ou da escultura. Unha autoridade erudita na historia dos Estados Unidos. Unha persoa experta en numismática Tres persoas que representen os intereses da poboación xeral. Os catro membros restantes son nomeados por recomendación do presidente da Cámara de Representantes e do líder da maioría na mesma cámara, e polos líderes da maioría e da minoría do Senado.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Casa da Moeda dos Estados Unidos Comisión de Ensaios dos Estados Unidos

Ligazóns externas

Sitio web do Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda

Categoría:Moedas dos Estados Unidos de América