miniatura|270x270px| Un xornal kazako en escritura latina de 1937. Publicado en Almaty, Kazakh SSR, URSS Na URSS, latinización (en , ) foi o nome da campaña durante os anos 1920 e 1930 que pretendía substituír os sistemas de escrita tradicionais para todas as linguas da Unión Soviética por sistemas que usasen o alfabeto latino ou para crear sistemas baseados en escrita latina para linguas que, naquel tempo, non tiña un sistema de escritura.
Historia miniatura|360x360px|Xornal Mcita murutsxi (estrela roxa) en lingua laz con alfabeto latino, 1929 miniatura|360x360px|Un xornal taxico en escritura latina de 1936. Publicado na República Socialista Soviética de Tadjiikistán, Unión Soviética. miniatura|360x360px|Novo alfabeto turco latinizado
Fondo Desde polo menos 1700, os intelectuais rusos buscaron latinizar a lingua rusa no seu desexo de estreita relación con Occidente.
Os bolxeviques de principios do século XX tiñan catro obxectivos: romper co tsarismo, estender o socialismo por todo o mundo, illar aos habitantes musulmáns da Unión Soviética do mundo e da relixión árabe-islámica e erradicar o analfabetismo mediante a simplificación. Concluíron que o alfabeto latino era a ferramenta adecuada para facelo e, despois de tomar o poder durante a Revolución Rusa de 1917, fixeron plans para realizar estes ideais. Aínda que ao principio o progreso foi lento, en 1926, as repúblicas de maioría turca da Unión Soviética adoptaron a escritura latina, dando un grande impulso aos reformadores da veciña Turquía. Cando Mustafa Kemal Atatürk adoptou o novo alfabeto latino turco en 1928, isto á súa vez animou aos líderes soviéticos a continuar.
Procedemento miniatura|360x360px|Ensino das linguas soviéticas latinizadas aínda en 1934; desde os anos 30 Stalin ordenou abandonar ese proceso Case todas as linguas turcas, iranianas, urálicas e outras moitas foron romanizadas, o que suman case 50 das 72 linguas escritas da URSS. Tamén existían plans para latinizar o ruso e outras linguas eslavas, pero a finais da década de 1930 cancelouse a campaña de latinización e todas as linguas recentemente romanizadas convertéronse ao cirílico.
En 1929 o Comisariado do Pobo da RSFSR formou un comité para desenvolver a cuestión da romanización do alfabeto ruso, dirixido polo profesor Nikolay Yakovlev (Никола́й Феофа́нович Я́ковлев) e coa participación de lingüistas, bibliógrafos, impresores e enxeñeiros. A Comisión rematou o seu traballo a mediados de xaneiro de 1930. Porén, o 25 de xaneiro de 1930, o secretario xeral Iosif Stalin ordenou deter o desenvolvemento da cuestión da romanización do alfabeto para a lingua rusa. miniatura|360x360px|Publicación en lingua saami de 1933 As seguintes linguas latinizáronse ou adaptáronse novos alfabetos en escritura latina:
Lingua chinesa (1932) Lingua abkhaza (1924) Lingua adiguea (1926) Linguas altai (1929) Lingua asiria (1930) Lingua avar (1928) Lingua azerí (1922) Lingua baluchi (Latín-baluchi) (1933) Lingua baxkir (1927) Bukhori (1929) Lingua buriata (1929) Lingua chechena (1925) Lingua chinesa (Lingua latina Sin Wenz) (1931) Lingua chukchi (Latín chukchi) (1931) Tártaro de Crimea (1927) Lingua Dargin (1928) Lingua Dungan (1928) Lingua esquimó (1931) Lingua even (1931) Lingua evenki (1931) Lingua ingria (1932) Lingua inguxa (1923) Lingua Itelmen (1931) Juhuri ou xudeu-taxica (1929) Lingua Kabardino-Cherques (1923) Lingua calmuca (1930) Lingua karachai-balkar (1924) Lingua Karaim (1928) Lingua karakalpak (1928) Lingua carelia (Alfabeto de Carelia) (1931) Lingua kazaka (Alfabeto kazako) (1928) Lingua keta (1931) Lingua khakas (1929) Lingua Khanty (1931) Lingua komi (1932) Lingua komi permiano (1932) Lingua koryak (1931) Lingua Krymchak (1928) Lingua Kumandin (1932) Lingua Kumyk (1927) Kurdo (alfabeto kurdo) (1929) Lingua kirguiz (alfabetos kirguises) (1928) Lingua lak (1928) lingua laz (1930) Lingua lezguia (Alfabetos lezguios) (1928) Lingua Mansi (1931) Lingua moldova (nome usado na URSS para o romanés con alfabeto moldovo) (1928) Lingua Nanai (1931) Lingua nenets (1931) Lingua nivkh (1931) Lingua nogai (1928) Lingua osética (1923) Lingua persa (1930) Linguas saami (1931) Lingua Selkup (1931) Lingua shor (1931) Lingua xugní (1932) Lingua iacuta (1920/1929) Lingua tabasaran (1932) Lingua taxica (1928) Lingua talysh (1929) Lingua tati (1933) Lingua tártara (Yañalif) (1928) Lingua tsakhur (1934) Lingua turcomá (1929) Lingua udegue (1931) Lingua Udi (1934) Lingua uigur (1928) Lingua uzbeka (1927) Lingua vepsia (1932)
Creáronse e aprobáronse proxectos para os seguintes idiomas, pero non se implementaron: Lingua aleutiana Lingua árabe Lingua coreana Lingua udmurta
O 8 de agosto de 1929, mediante o decreto do Comité Executivo Central e do Consello de Comisarios do Pobo da URSS "Sobre o novo alfabeto latinizado dos pobos da lingua escrita árabe da URSS" a transición ao alfabeto latino recibiu estatuto oficial. Comezou a transición a un novo alfabeto de xornais e revistas, editoriais e institucións educativas. En 1930 comezou unha nova etapa de romanización: a transición a un novo alfabeto de pobos doutros grupos lingüísticos.
En total, entre 1923 e 1939, creáronse alfabetos latinos para 50 das 72 linguas da URSS que se escribían. Nas linguas mari, mordovia e udmurta, o uso do alfabeto cirílico continuou mesmo durante o período de máxima latinización.
Non obstante, en 1936, comezou unha nova campaña para traducir ao cirílico todas as linguas dos pobos da URSS, que foi en gran parte completada en 1940 (o alemán, o xeorxiano, o armenio e o yiddish permaneceron non cirilizados na URSS; os tres últimos tampouco foron latinizados). Máis tarde, as linguas polaca, finesa, letoa, estoniana e lituana tamén permaneceron sen cirilizar.
Notas
Véxase tamén
Alfabeto Alfabeto árabe Alfabeto cirílico Alfabeto grego Alfabeto hebreo Alfabeto latino Alfabeto latino belaruso Alfabeto latino ruso Alfabeto latino ucraíno Alfabeto latino mongol Alfabeto unificado do norte Cirilización do chinés Korenizatsiya Romanización do ruso
Categoría:Romanización Categoría:Cultura da Unión Soviética