José Benito Guitián López, nado en Mosteiro (Bóveda) cara a 1910 e finado en 2001, foi un mestre galego.

Traxectoria

Fillo de Manuel Guitián e Manuela López. Estudou maxisterio na Escola Normal de Ourense, onde ingresou en 1931.La Región, 3-6-1931, p. 3. Foi elixido presidente da Asociación de mestres interinos e substitutos de Lugo en abril de 1935.La Voz de la Verdad, 21-4-1935, p. 8. Ingresou no Maxisterio nos cursos de selección de 1936.La Zarpa, 3-7-1936, p. 6. Foi mestre en Vilariño (Ribas de Sil).El Correo Gallego, 17-11-1939, p. 2,

En setembro de 1938 alistouse no exército franquista para evitar a persecución política. Pasouse ao bando leal. Foi membro das Milicias da Cultura na 72 división do exército republicano. Coa derrota da República pasou a Francia e foi internado no campo de concentración de Saint-Cyprien. Posteriormente exiliouse en México.México, haz memoria Sometido a depuración, foi separado do servizo e baixa na escala en 1943.BOP Lugo, 15-3-1943, p. 1. Vida persoal

Casou en Cidade de México con Araceli Proal Vázquez en decembro de 1942, e foi pai de Jose Benito e Leopoldo Manuel Guitián Proal.

Notas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego

Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Bóveda Categoría:Nados en 1910

Categoría:Finados en 2001