Claudio Arrojo Suárez, nado en Tortes (Becerreá) cara a 1893 e finado en Lugo o 13 de maio de 1938, foi un labrego e político galego.
Traxectoria
Labrego veciño de Eixibrón. En 1925 foi nomeado carteiro de Tortes.La Provincia, 8-3-1925, p. 3. Concelleiro de Becerreá de elección popular en maio de 1931.BOP Lugo, 3-6-1931, p. 2. Militou en Izquierda Republicana. En 1936 volve ser concelleiro de Becerreá. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi declarado en rebeldía. Entregouse o 5 de setembro de 1937, e retomado o seu proceso (causa 190/37) foi xulgado en Lugo por adhesión á rebelión o 16 de febreiro de 1938 e condenado a pena de morte. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo ás 6 h do 13 de maio de 1938 canda Consuelo Alonso González e Luis García Vázquez. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938, foi sancionado en 1940 e logo de satisfacer a sanción económica "recobrou a libre disposición dos seus bens".BOP Lugo, 7-9-1940, p. 1.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Expediente procesual de Claudio Arrojo Suárez
Peza separada de responsabilidade civil contra Claudio Arrojo Suárez, Balbino López González, Emilio Núñez Cabana e outros
Categoría:Concelleiros de Becerreá Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1938
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos