Julio González Álvarez, nado en Santa María de Cexo (Verea) cara a 1911 e finado no mesmo concello o 29 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

Foi nomeado mestre interino de Pitelos en febreiro de 1930.La Región, 12-2-1930, p. 8. Membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO). Obtivo praza como cursillista de 1933 en Famelga en 1934,El Pueblo Gallego, 14-11-1934, p. 12. e permutou con Antonio Vidal Provenza a de Gontán en febreiro de 1935.El Pueblo Gallego, 14-2-1935, p. 4. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 escapou a Portugal, pero foi capturado. Detido e destituído o 12 de agosto,"Maestro destituído", La Región, 13-8-1936, p. 2."El Gobernador civil ha destituído a otro maestro por sus actividades comunistas", El Pueblo Gallego, 14-8-1936, p. 6. foi paseado con Amadeo López Bello, Silvio Torres Díaz e Eloy Romero Luis e o seu cadáver apareceu en Poza das Ras (Ourille). Como resultado do proceso de depuración foi sancionado coa separación definitiva do servizo e baixa na escala en abril de 1940.La Región, 8-5-1940, p. 4. Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 9-12-1941, p. 4552. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Amadeo, Eloy, Julio e Silvio (Poza das Ras, 29.08.1936)

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Verea Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1936