Santianes é unha parroquia e lugar do concello de Pravia, no Principado de Asturias. Abrangue unha poboación de 172 habitantes (INE 2021 ) e ocupa unha extensión de 14,16 km².Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales. Instituto Nacional de Estadística. Xeografía
Situada na zona nordés do concello, limita ao norte coas parroquias de Somado e de Muros (esta última no concello homónimo), ao leste con Sotu'l Barcu, ao sueste coa de Riberas, no concello anterior; ao sur con Fenoyeda (Candamu) e Pronga, ao suroeste coa de Pravia e ao oeste coas de Escureu e Villafría.
Ademais, os núcleos de Santianes, Bances e Los Cabos, constituíronse como parroquias rurais conforme o artigo 6 do Estatuto de Autonomía de Asturias, desenvolvido na Lei 11/1986, de 20 de novembro.Información relativa a las parroquias rurales constituidas en Asturias. Gobierno del Principado de Asturias. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales. Instituto Nacional de Estadística..
Historia
O nome Santianes deriva do latín Sancti Ioannis (San Xoán), a quen se lle dedica o templo prerrománico da localidade. Unha das teorías está vencellada co nacemento de Pravia, a Flavium Avia romana. Nos arredores de Pravia e Santianes consérvase unha vila romana en La Magdalena de la Llera e o ronsel dun personaxe togado en Los Cabos. Atopáronse moedas romanas e outros obxectos na contorna do castro de Doña Palla.
Demografía
Patrimonio dereita|miniatura|Igrexa prerrománica de Santianes. miniatura|dereita|Museo de Santianes. Amais de destacaren os hórreos e paneiras asturianos de madeira de castiñeiro, outros lugares de interese son:
A Igrexa de San Xoán, prerrománica, construída no século VIII durante o reinado de Silo. Este e a súa esposa, a raíña Adosinda, fixeron de Santianes a capital do reino asturiano.
En xullo de 2007 inaugurouse xunto á igrexa o Museo de Santianes. O recuncho das aves de Santianes, un núcleo zoolóxico con, entre outros, faisáns, perdices, paspallás, rulas e anátidos. A ponte colgante sobre o río Nalón posibilita a comunicación directa coa aldea de Peñaullán a través dunha senda verde a pé.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Parroquias rurais de Asturias