Malena Mieres García, nada o 29 de marzo de 2000 nas Pontes de García Rodríguez, é unha futbolista galega que xoga como porteira no Real Betis.
Traxectoria Mieres comezou a xogar nas categorías inferiores do CD As Pontes. Despois pasou ao Friol con 15 anos na tempada 2015/16. Na tempada seguinte fichou polo Deportivo da Coruña e no 2019 pasou a xogar no Eibar. No 2022 ficharía polo Betis.
Galardóns En 2018 gañou o premio a Mellor porteira Galega.En 2019 recibiu xunto a Teresa Abelleira o premio á “Mellor deportista promesa” na VII edición da Gala do Deporte Feminino Galego.
Internacional Mieres foi internacional con España tanto sub-19 coma sub-23. Coa selección sub19 conseguiu o campionato de Europa
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Xogadoras do Deportivo da Coruña Feminino Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Futbolistas das Pontes de García Rodríguez