José Manuel Jamardo Grela, coñecido como Peteiro, nado en Buenos Aires o 12 de decembro de 1912 e finado en Pontecesures o 8 de agosto de 1956, foi un ceramista e político galego. Traxectoria A familia regresou a Cesures, onde, despois de traballar como camareiro e encargado da máquina de proxección na sala de cine, pasou a ser aprendiz na Cerámica Artística Gallega. Ceramista, traballou como decorador da Cerámica Celta. En 1932 recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra para estudos de cerámica, trasladouse a estudar a Madrid, onde coincidiu con Laxeiro. En 1934 comezou a traballar na fábrica de cerámica A Caeira de Pontevedra. En 1936 estableceu o seu propio taller en Cesures, onde fixo a Virxe da Rocha.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, foi condenado a cadea perpetua. Estivo preso na illa de San Simón. Conmutada a condena a 4 anos, liquidou da pena en novembro de 1940. O tempo de cadea causoulle unha doenza reumática que lle paralizou as pernas, polo que abandonou a actividade artística e abriu un quiosco de prensa en Pontecesures. Foi correspondente administrativo de Faro de Vigo e La Noche en Pontecesures.La Noche, 5-3-1955, p. 4. Músico afeccionado, tocaba a guitarra, e xunto con seu irmán Francisco e outros formou a orquestra Novedades. Finou en Pontecesures o 8 de agosto de 1956."Fallecimineto de "Peteiro", en Pontecesures",La Noche, 9-8-1956, p. 2."Ha muerto José Jamardo Grela", Faro de Vigo, 10-8-1956, p. 4. Notas
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en 1912 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes