Clotilde Bosch i Carbonell, nada en Barcelona en 1829 e finada no Pará (O Brasil) o 15 de abril de 1902,O segundo apelido figura nalgunhas fontes como "Calmell". Porén, empregouse "Carbonell", xa que é o que figura en , unha das primeiras biografías completas de Cerdà. foi unha pintora catalá do século XIX. Estivo casada co enxeñeiro Ildefons Cerdà e foi a nai da arpista Esmeralda Cervantes, nome artístico de Clotilde Cerdà i Bosch. Porén, segundo o historiador independente Fernando Alcolea Albero, a arpista non era filla de Cerdà, aínda que este a recoñeceu e lle deu o seu apelido.
Traxectoria Era filla do indiano Josep Bosch i Mustich, quen fixo fortuna como industrial do algodón en Cuba. Ao seu regreso a Cataluña foi director do Ferrocarril de Barcelona a Mataró, banqueiro e membro da Reial Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi.
Os irmáns da pintora, Josep e Rafael, foron deputados en Madrid en 1881 e 1886, respectivamente. Josep foi deputado por Tarragona, mentres que Rafael foino por Porto Rico.Josep Bosch i Carbonell no buscador histórico do Congreso dos DeputadosRafael Bosch i Carbonell no buscador histórico do Congreso dos Deputados
Casou o 20 de xuño de 1848, aos 19 anos, co enxeñeiro Ildefons Cerdà i Sunyer, autor da reforma do Eixample de Barcelona. Tiveron catro fillas: Pepita (1849), Rosita (1850), Sol (1851) e Clotilde (1862), quen foi unha coñecida arpista.Simón Palmer, María del Carmen (CSIC): Actas del IX Congreso de la Asociación Internacional de Hispanistas Instituto Cervantes, agosto de 1986 Porén, o matrimonio entre Clotilde e Ildefons non funcionou ben. De feito, a súa filla Clotilde puido ser froito dunha relación adúltera da súa muller, polo que Cerdà excluíuna do testamento. En 1862 o matrimonio rompeuse tralo nacemento desta e en 1864 Clotilde marchou a Madrid.
Cerdà non estaba de acordo en que a pequena Clotilde recibise unha educación artística. A súa nai levouna a Roma, onde contou co apoio de pintores españois instalados, como Eduardo Rosales, Marià Fortuny, Lorenzo Vallés ou Alejo Vera. Foi formada polo pintor napolitano Michele Cammarano, quen viviu en Roma entre 1865 e 1866. Durante a súa estadía en Italia pintou a obra "Llac Castelgandolfo" (ou "Llac Albano"), que presentou na Exposición Nacional de 1866.
Notas
Categoría:Nados en 1829 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Finados en 1902 Categoría:Pintores de Cataluña Categoría:Pintores do século XIX