Unha minoría ou grupo minoritario refírese a unha categoría de persoas que experimentan unha desvantaxe relativa en comparanza cos membros dun grupo social dominante. A membresía dun grupo minoritario xeralmente baséase en diferenzas nas características ou prácticas observábeis, tales como: sexo, etnia, raza, relixión, discapacidade, identidade de xénero ou orientación sexual. Utilizando o marco de interseccionalidade, é importante recoñecer que un individuo pode ser membro de múltiples grupos minoritarios ao tempo (por exemplo, unha minoría racial e relixiosa). Do mesmo xeito, os individuos tamén poden ser parte dun grupo minoritario con respecto a algunhas características, mais parte dun grupo dominante con respecto a outros.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Cecilia Devia, Disidentes y minorías religiosas en las Partidas de Alfonso X el Sabio, Vigo, Editorial Academia del Hispanismo, 2009. ISBN 978-84-96915-44. Dardo Scavino, La palabra minoría , Buenos Aires, Escritores del Mundo, 2013. Arjun Appadurai, El rechazo de las minorías. Ensayo sobre la guerra de la furia. Barcelona, Tusquets Editores, 2007.

Categoría:Socioloxía