Jordi Sánchez Ribas, nado en Barcelona o 11 de novembro de 1994, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Albacete, da Segunda División.

Traxectoria Formouse nas canteiras do Horta, o Damm e o Badalona, e en 2013 debutou co primeiro equipo deste último na Segunda División B. Tras pasar por varios equipos modestos da provincia de Barcelona, en 2016 recalou no Valencia Mestalla, tamén de Segunda B. Marcou 16 goles en 72 partidos en dúas tempadas co filial do Valencia, co que xogou unha fase de ascenso a Segunda. Ademais, debutou co primeiro equipo nun amigable ante o Alcoyano.

En 2018 fichou polo Numancia, co que debutou na Segunda División nun partido contra o Almería. Contabilizou sete partidos na categoría de prata, todos eles comezando dende o banco, e marcou un gol ante o Alcorcón. En xaneiro saíu cedido ao Ibiza, de Segunda B, co que xogou ata o final da tempada. Para a campaña 2019/20 regresou ao Mestalla como cedido, e disputou 25 partidos, todos como titular, marcando 8 goles, pero o equipo acabou descendendo a Terceira División.

En agosto de 2020 asinou por dúas tempadas co Castellón, da Segunda División. Nas filas do equipo branco e negro disputou 19 partidos oficiais antes de ser cedido en xaneiro de 2021 ao UCAM Murcia, de Segunda B. Co conxunto universitario marcou 4 goles nos 12 partidos que disputou.

O 21 de xuño de 2021 fichou polo Albacete da Primeira División da RFEF. Co equipo adestrador por Rubén de la Barrera xogou 36 partidos da liga regular, marcando 6 goles, e acabou a liga na terceira posición, clasificándose para a promoción de ascenso a Segunda. Foi titular na vitoria de semifinais contra o Rayo Majadahonda en Balaídos e unha semana despois tivo un papel protagonista na final ante o Deportivo da Coruña. Nun estadio de Riazor ateigado, foi o autor do gol da vitoria na prórroga co que o Albacete logrou o ascenso, culminando a remontada que iniciara no tempo regulamentario o seu compañeiro Alberto.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador no sitio web do Albacete .

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CF Badalona Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do Albacete Balompié