Galiza Livre é un xornal electrónico alternativo galego. Publícase en galego reintegrado desde 2001 cunha liña editorial independentista e anticapitalista.

Historia Apareceu na rede en marzo de 2001 e comezou a se publicar o 25 de xullo, Día Nacional de Galiza. Tiña como lema «Informaçom livre e sem mordaças». En 2005 sofreu un ataque informático que destruíu tanto a páxina como tódolos seus contidos, de xeito que se mantivo en formato blog até 2010, cando presentou un novo web. En 2011 editou varios números semanais co subtítulo de Semanário galego de informaçom sem mordaças. En 2014 interrompeu a súa publicación mais reapareceu no ano 2017.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Diário Liberdade

Ligazóns externas Galiza Livre

Categoría:Xornais electrónicos Categoría:Xornais en lingua galega Categoría:Xornais de Galicia