Núria Castell Ariño, nada en L´Hospitalet de Llobregat en 1958, é unha enxeñeira en informática e profesora de universidade catalá, especialista en Procesamento da Linguaxe Natural, ex decana da Escola Superior de Informática de Barcelona (FIB) e cunha longa traxectoria a favor da redución da fenda de xénero na enxeñaría informática.

Traxectoria Licenciada e doutora en Enxeñaría Informática pola UPC. Foi vicedecana de Relacións Internacionais da FIB (2004-2010) e decana da FIB (2010-2017). Cofundadora do Centro de Investigación en Ciencia Intelixente de Datos e Intelixencia Artificial (IDEAI-UPC).

Publicou artigos en congresos, revistas e libros, principalmente relacionados co tratamento da linguaxe natural.

Premios e recoñecementos

Premio Ada Byron do CPEIG en 2022, compartido con Karina Gibert.Galicia, Economía en. "El Premio Ada Byron del CPEIG será compartido". Economía en Galicia (en castelán). Consultado o 2022-06-19. Mención honorífica do premio Creu Casas "Mulleres para cambiar o mundo", IEC en 2020 Premio UPC ao Compromiso Social en materia de igualdade de xénero 2020 (individual) Premio UPC ao Compromiso Social en materia de igualdade de xénero 2021 (colectivo) Premio Salvà i Campillo á personalidade destacada da noite 2021 Mención a M. Encarna Sanahuja Yll (colectiva) da Generalitat de Catalunya en 2021. Mención FIB da Festa 2018. Distinción Jaume Vicenç Vives, Departamento de Universidades, Investigación e Sociedade da Información - Generalitat de Catalunya, sept. 2005 Premio á Calidade da Docencia Universitaria do Consello Social da UPC 2005.

Notas

Categoría:Personalidades da informática Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en L'Hospitalet de Llobregat