Por un puñado de besos é unha película española dirixida por David Menkes e protagonizada por Ana de Armas e Martiño Rivas. Estreouse en España o 16 de maio de 2014. Está baseada na novela Un poco de abril, algo de mayo, todo septiembre do escritor Jordi Sierra i Fabra.

Argumento Sol (Ana de Armas) é unha moza que busca parella. Para iso decide pór un anuncio na prensa que a leva a coñecer a Dani (Martiño Rivas). Entre ambos xorde unha apaixonada historia de amor que semella perfecta, mais quizais non o sexa tanto.

Elenco Ana de Armas como Sol Martiño Rivas como Dani Megan Montaner como Lidia Mariña Salas como Gloria Jan Cornet como Darío Alejandra Onieva como Mamen Joel Bosqued como Sandro Andrea Duro como Marta

Festivais A película concorreu na sección oficial do Festival de Málaga en 2014.

Notas

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por David Menkes Categoría:Filmes rodados en Madrid