César Pérez Gellida, nado en Valladolid en 1974, é un escritor español de novela negra. As súas novelas destacan polo seu realismo e rigor nos campos criminalístico e forense.

Traxectoria Residiu en Madrid e Buenos Aires, e actualmente vive en Valladolid. É Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Valladolid e mestrado en Dirección Comercial e Mercadotecnia pola Cámara de Comercio de Valladolid. Desde febreiro de 2014 colabora co diario El Norte de Castela cunha columna semanal na súa sección de cultura chamada La Cantina del Calvo.

En 2018 foi elixido como Pregoeiro das Feiras e Festas da Virxe de San Lourenzo, na cidade de Valladolid.

Obra

Novelas

Memento Mori. Versos, canciones y trocitos de carne I (2013). Suma. 584 páxs. ISBN 978-84-9129-703-1. Dies irae. Versos, canciones y trocitos de carne II (2013). Suma. 568 páxs. ISBN 978-84-663-3240-8. Consummatum est. Versos, canciones y trocitos de carne III. (2014). Suma. 680 páxs. ISBN 978-84-663-3241-5. Khimera (2015). 544 páxs. ISBN 978-84-663-3000-8. Sarna con gusto. Refranes, canciones y rastros de sangre I. (2016). Suma. 512 páxs. ISBN 978-84-663-4104-2. Cuchillo de palo. Refranes, canciones y rastros de sangre II. (2016). Suma. 512 páxs. ISBN 978-84-663-4194-3. A grandes males. Refranes, canciones y rastros de sangre III. (2017). Suma. 688 páxs. ISBN 978-84-663-4329-9. Konets (2017). Suma. 592 páxs. ISBN 978-84-663-4867-6. Todo lo mejor (2018). Suma. 608 páxs. ISBN 978-84-663-5216-1. Todo lo peor (2019). Suma. 480 páxs. ISBN 978-84-9129-204-3. La suerte del enano (2020). Suma. 592 páxs. ISBN 978-84-663-6210-8. Astillas en la piel (2021). Suma. 464 páxs. ISBN 978-84-663-6211-5. Nos crecen los enanos (2022). Suma. (Á venda o 08-0922) miniatura|Co libreiro de Bueu Fernando Miranda na presentación de Astillas en la piel. Xuño 2022.

Outros

Banda sonora da triloxía Versos, canciones y trocitos de carne (2015, Warner Music). Conta con tres temas inéditos compostos por Iván Ferreiro de cuxas letras comparte a autoría con Pérez Gellida. Canción "Gris acero sobre Buenos Aires" composta por Julián Saldarriaga (guitarrista de Love of Lesbian e Mi Capitán) e Iván Ferreiro a partir da letra incluída en "A grandes males" de Pérez Gellida. "Adefesio" un relato orixinal de César Pérez Gellida para Negra y Criminal da Cadena SER.

Premios e recoñecementos

Premio Racimo de Literatura 2013. Premio Piñón de Ouro outorgado en setembro de 2014. Medalla de Honra da Sociedade Española de Criminoloxía e Ciencias Forenses en 2014. Premio á mellor novela negra do ano por Todo lo mejor no festival Valencia Negra 2019. Premio Conde Ansúrez de Literatura en outubro de 2019. Premio Alcaide de Honra do Museo Nacional do viño en decembro de 2019. Finalista do Premio da Crítica de Castela e León en 2019. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Web oficial do autor 

Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1974 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de novela negra Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid Categoría:Escritores de Castela e León Categoría:Novelistas de España