Ángel Pérez López, nado en Madrid cara a 1907 e finado en Lugo o 21 de outubro de 1936, foi un industrial e político galego.
Traxectoria Industrial en Lugo, dono dun establecemento de material eléctrico. Militante de Izquierda Republicana, foi nomeado concelleiro de Lugo en marzo de 1936.Alborada, 4-3-1936, p. 2. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Lugo en consello de guerra acusado de traizón, foi condenado á pena de morte e multa mancomunada de 1,5 millóns de pesetas. Foi executado en Lugo o 21 de outubro de 1936 ás 18 h con José Ramos López, Perfecto Abelairas Castro, Ramón García Núñez e Rafael de Vega Barrera.El Progreso, 22-10-1936, p. 1. Para facerlle fronte ás responsabilidades políticas embargáronlle os seus bens.BOP Lugo, 10-12-1936, p. 2.BOP Lugo, 30-12-1936, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo
Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1936