dereita|miniatura| Trofeo da Liga de Campións da UEFA A Copa de Europa foi unha competición de fútbol disputada entre 1956 e 1992. O adestrador español José Villalonga levou ao Real Madrid á vitoria na primeira edición e repetiu a fazaña na tempada seguinte. Os clubs e técnicos ingleses dominaron a competición a finais da década de 1970 e principios da de 1980, gañando todos os torneos entre 1977 e 1982. A pesar diso, os adestradores italianos son os que máis títulos posúen, despois de gañar once edicións desde 1956.

A competición converteuse na Liga de Campións da UEFA en 1992, e o belga Raymond Goethals, á fronte do Olympique de Marsella, conquistou o primeiro título tralo cambio de denominación.

Carlo Ancelotti é o único adestrador que gañou o torneo en catro ocasións (dous co Milan e dous co Real Madrid), e o único en disputar cinco finais. Bob Paisley e Zinedine Zidane gañaron tres veces, o primeiro deles co Liverpool e o segundo co Real Madrid. Outros 17 adestradores gañaron o título en dúas ocasións, e só cinco deles o lograron con dous clubs diferentes: Carlo Ancelotti co Milán en 2003 e 2007 e co Real Madrid en 2014 e 2022; Ernst Happel co Feyenoord en 1970 e co Hamburgo SV en 1983; Ottmar Hitzfeld co Borussia Dortmund en 1997 e co Bayern de Múnic en 2001; José Mourinho, co Porto en 2004 e co Inter de Milán en 2010; e Jupp Heynckes co Real Madrid en 1998 e co Bayern de Múnic en 2013. Sete homes gañaron o torneo tanto como xogador como como adestrador: Miguel Muñoz, Giovanni Trapattoni, Johan Cruyff, Ancelotti, Frank Rijkaard, Pep Guardiola e Zidane.

Por ano miniatura| Carlo Ancelotti converteuse no primeiro e único adestrador en gañar catro títulos, despois de gañar o cuarto deles co Real Madrid en 2022. Ademais é o adestrador con máis finais disputadas, 5. miniatura| Bob Paisley foi o primeiro adestrador en gañar o título tres veces, todas co Liverpool. miniatura| Zinedine Zidane é o único adestrador que gañou tres títulos consecutivos, todos co Real Madrid. miniatura| Brian Clough gañou dous títulos consecutivos como adestrador do Nottingham Forest. miniatura| Ernst Happel foi o primeiro adestrador en gañar o título con dous clubs diferentes. miniatura| Ottmar Hitzfeld, adestrador gañador en 1997 e 2001. miniatura| Jupp Heynckes, gañador en 1998 e 2013. miniatura| Alex Ferguson gañou dous títulos como adestrador do Manchester United en 1999 e 2008, e chegou a outras dúas finais. miniatura| Vicente del Bosque gañou dous títulos como adestrador do Real Madrid en 2000 e 2002. miniatura| José Mourinho, gañador en 2004 e 2010. miniatura| Pep Guardiola gañou dous títulos como adestrador do Barcelona en 2009 e 2011. TempadaAdestradorClub1955–56borda|20x20px José Villalongaborda|20x20px Real Madrid1956–57borda|20x20px José Villalongaborda|20x20px Real Madrid1957–58 Luis Carnigliaborda|20x20px Real Madrid1958–59 Luis Carnigliaborda|20x20px Real Madrid1959–60borda|20x20px Miguel Muñozborda|20x20px Real Madrid1960–61 Béla Guttmann Benfica1961–62 Béla Guttmann Benfica1962–63 Nereo Rocco Milan1963–64 Helenio Herrera Inter de Milán1964–65 Helenio Herrera Inter de Milán1965–66borda|20x20px Miguel Muñozborda|20x20px Real Madrid1966–67 Jock Stein Celtic1967–68 Matt Busby Manchester United1968–69 Nereo Rocco Milan1969–70 Ernst Happel Feyenoord1970–71 Rinus Michels Ajax1971–7220px Ștefan Kovács Ajax1972–7320px Ștefan Kovács Ajax1973–74 Udo Lattek Bayern de Múnic1974–75 Dettmar Cramer Bayern de Múnic1975–76 Dettmar Cramer Bayern de Múnic1976–77 Bob Paisley Liverpool1977–78 Bob Paisley Liverpool1978–79 Brian Clough Nottingham Forest1979–80 Brian Clough Nottingham Forest1980–81 Bob Paisley Liverpool1981–82 Tony Barton Aston Villa1982–83 Ernst Happel Hamburgo1983–84 Joe Fagan Liverpool1984–85 Giovanni Trapattoni Juventus1985–8620px Emerich Jeneiborda|20x20px|Romanía Steaua Bucarest1986–87 Artur Jorge Porto1987–88 Guus Hiddink PSV Eindhoven1988–89 Arrigo Sacchi Milan1989–90 Arrigo Sacchi Milan1990–91 Ljupko Petrović Estrela Vermella1991–92 Johan Cruyff Barcelona1992–93 Raymond Goethals Olympique de Marsella1993–94 Fabio Capello Milan1994–95 Louis van Gaal Ajax1995–96 Marcello Lippi Juventus1996–97 Ottmar Hitzfeld Borussia Dortmund1997–98 Jupp Heynckes Real Madrid1998–99 Alex Ferguson Manchester United1999–00 Vicente del Bosque Real Madrid2000–01 Ottmar Hitzfeld Bayern de Múnic2001–02 Vicente del Bosque Real Madrid2002–03 Carlo Ancelotti Milan2003–04 José Mourinho Porto2004–05 Rafael Benítez Liverpool2005–06 Frank Rijkaard Barcelona2006–07 Carlo Ancelotti Milan2007–08 Alex Ferguson Manchester United2008–09 Pep Guardiola Barcelona2009–10 José Mourinho Inter de Milán2010–11 Pep Guardiola FC Barcelona2011–12 Roberto Di Matteo Chelsea2012–13 Jupp Heynckes Bayern de Múnic2013–14 Carlo Ancelotti Real Madrid2014–15 Luis Enrique Barcelona2015–16 Zinedine Zidane Real Madrid2016–17 Zinedine Zidane Real Madrid2017–18 Zinedine Zidane Real Madrid2018–19 Jürgen Klopp Liverpool2019–20 Hansi Flick Bayern München2020-21 Thomas Tuchel Chelsea2021-22 Carlo Ancelotti Real Madrid

Adestradores con múltiples títulos PosNacionalidadeAdestradorNº de títulosTempadasClub(s)1Carlo Ancelotti42002–03, 2006–07, 2013–14, 2021–22Milan, Real Madrid2Bob Paisley31976–77, 1977–78, 1980–81LiverpoolZinedine Zidane32015–16, 2016–17, 2017–18Real Madrid4José Villalonga21955–56, 1956–57Real MadridLuis Carniglia21957–58, 1958–59Real MadridBéla Guttmann21960–61, 1961–62BenficaHelenio Herrera21963–64, 1964–65Inter de MilánMiguel Muñoz21959–60, 1965–66Real MadridNereo Rocco21962–63, 1968–69MilanȘtefan Kovács21971–72, 1972–73AjaxDettmar Cramer21974–75, 1975–76Bayern de MúnicBrian Clough21978–79, 1979–80Nottingham ForestErnst Happel21969–70, 1982–83Feyenoord, Hamburger SVArrigo Sacchi21988–89, 1989–90MilanOttmar Hitzfeld21996–97, 2000–01Borussia Dortmund, Bayern de MúnicVicente del Bosque21999–00, 2001–02Real MadridAlex Ferguson21998–99, 2007–08Manchester UnitedJosé Mourinho22003–04, 2009–10Porto, Inter de MilánPep Guardiola22008–09, 2010–11BarcelonaJupp Heynckes21997–98, 2012–13Real Madrid, Bayern de Múnic

Grosa=Aínda en activo

Por nacionalidade NacionalidadeNúmero detítulos 12 10 10 7 5 4 4 3 3 3 2 2 1 1

Notas

Categoría:Adestradores gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Liga de Campións da UEFA