O universalglot é unha lingua auxiliar internacional a posteriori publicada polo lingüista francés Jean Pirro en 1868 en Tentative d'une langue universelle, Enseignement, grammaire, vocabulaire. Precedendo ao volapük unha década e ao esperanto case 20 anos, o universalglot foi chamado o primeiro "sistema completo de linguas auxiliares baseado nos elementos comúns das linguas nacionais".Bray, Mary Connell. "Introduction" in Alexander Gode et al. Interlingua-English: a dictionary of the international language. Storm Publishers, New York, 1951. (read online) Pirro deulle máis de 7.000 palabras básicas e numerosos prefixos, posibilitando o desenvolvemento dun vocabulario moi extensible.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Essai d'une langue universelle, par MM. Pirro et L. A. (francés; o dicionario inclúe inglés)

Categoría:Linguas artificiais