Gustavo Santiago Valencia, nado en Ourense cara a 1924 e finado en Santiago de Compostela o 18 de agosto de 2008, foi un enxeñeiro e promotor cultural galego.
Traxectoria
Enxeñeiro, empezou a traballar na construción do encoro de Barrios de Luna (León). Despois traballou en Unión Fenosa sobre todo en proxectos de electrificación rural. Foi membro fundador do Museo do Pobo Galego, o Patronato Rosalía de Castro, e membro das fundacións Alexandre Bóveda e Castelao. Presidiu o Pedrón de Ouro durante 25 anos.La Voz de Galicia, Santiago, 25-5-2001, p. 9.
Vida persoal Casou en Padrón con Carmen Barbeyto Contestí e foi pai de Enrique Santiago Barbeyto.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Fallece a los 84 años Gustavo Santiago Valencia
Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2008