Robert Wickliffe Woolley, nado en Lexington, Kentucky, o 29 de abril de 1871 e finado en Frankfort, no mesmo Estado, o 15 de decembro de 1958, foi un político demócrata estadounidense que ocupou a dirección da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1915 e 1916.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Woolley naceu en Lexington, no condado de Fayette, Kentucky, o 29 de abril de 1871,Smith, P. (2012). fillo de Lucy McCaw e de Franklin Waters Woolley, nunha familia de tradición política."Robert Wickliffe Woolley". En Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxinas 156-157.

Cursou estudos superiores na Universidade de Kentucky entre 1886 e 1887, e na Universidade de Fordham entre 1887 e 1889.

Carreira xornalística Posteriormente traballou como reporteiro en diversos xornais, como o Lexington Leader (1893), o Chicago Trubune (1896-1897) e o New York Word (1897-1905 e 1907-1909), e colaborou na fundación do Club Nacional de Prensa.

Carreira política Woolley era un membro activo do Partido Demócrata e exerceu como director de publicidade da Convención Nacional Demócrata en 1912. Entre 1913 e 1915 foi auditor do Tesouro no Departamento de Interior. miniatura|161x161px|Medalla da Casa da Moeda dos Estados Unidos dedicda ao seu director, Robert W. Woolley, deseñada por George T. Morgan (1916). En 1915 foi nomeado polo presidente Woodrow Wilson director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, e dirixiu o proceso de emisión das moedas conmemorativas da Exposición Panamá-Pacífico, en San Francisco. En 1916 renunciou a este cargo para participar na campaña de reelección do presidente Wilson, durante a que presidiu a Oficina de Publicidade do Comité Nacional Demócrata. A el atribúeselle o éxito do slogan "Con honra, mantívonos fóra da guerra".

En 1916 foi membro da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos.The Numismatist. Maio de 1916. Páxina 226.

En 1911 Woolley foi o investigador xefe do Comité Stanley, que investigou o asunto da U.S. Steel Corporation e amosouse crítico coa política enerxética dos EEUU.Woolley, R. W. (1920). "What Fuel Conservation Means to America". En The Annals of the American Academy of Political and Social Science. Vol. 87. Xaneiro. Páxinas 112-117. Tamén foi membro do Comité Interestatal de Comercio entre 1917 e 1921.

Posteriormente exerceu a avogacía no despacho Esch, Kerr, Woolley & Shipe, entre 1929 e 1934, e participou como delegado nas Convencións Nacionais Demócratas de 1936 e de 1940."Robert Wickliffe Woolley". En Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxinas 156-157.

Vida familiar Robert W. Woolley casou o 20 de abril de 1900 con Marguerite Holmes Trenholm (1878-1936), con quen tivo catro fillas; unha delas, Frances (1914-2003) foi a nai do futuro gobernador de Virxinia Charles S. Robb."Robert Wickliffe Woolley". Findagrave.com

Woolley morreu en Frankfort, Kentucky, e foi soterrado no cemiterio de Fairfax, Virxinia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Smith, P. (2012). "Woolley, Robert Wickliffe". En American Numismatic Biographies. Páxina 392.

Outros artigos

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1958 Categoría:Nados en Lexington, Kentucky Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Membros da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos Categoría:Políticos do Partido Demócrata dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Kentucky Categoría:Alumnos da Universidade de Fordham