Raymond Thomas Baker, nado en Eureka, Nevada, o 22 de novembro de 1877 e finado en Washington o 28 de abril de 1935, foi un home de negocios e alto funcionario estadounidense, que ocupou o posto de director da Casa da Moeda dos Estados Unuidos entre 1917 e 1922.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Baker naceu en Eureka, no condado do mesmo nome, en Nevada, o 22 de novembro de 1877,Smith, P. (2012). "Baker, Raymond Thomas". fillo de Mary Agnes Hall e de George Washington Baker, o conselleiro principal da compañía de ferrocarril Southern Pacific Railroad."Index to Politicians". PoliticalGraveyard.com O seu irmán Cleve Baker foi fiscal xeral de Nevada.Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxina 157.

Cursou a súa educación secundaria na Oakland High School e na Anderson's Academy, ambas en Oakland, California, e posteriormente formouse na Universidade de Nevada, Reno, e na Universidade Stanford.

Carreira rpofesional Concluída a súa etapa universitaria, Baker dedicouse á minaría do ouro e chegou a ser un dos maiores investidores neste sector en Rawhide, Nevada. Cando vendeu os seus títulos, converteuse nun home moi rico."Political Notes: High Adventure". En Time. 5 de abril de 1926.

Durante moito tempo amosou interese pola reforma penitenciaria e en 1911, un ano despois de que o seu irmán fose nomeado fiscal xeral do Estado, Baker, que fora o director da súa campaña, accedeu ao cargo de alcaide da prisión estatal de Nevada, que ocupou desde o 1 de febreiro dese ano ata o 10 de maio de 1912.

En 1913 dirixiu con éxito a campaña electoral de Key Pittman ao Senado e, logo de que este tomase posesión, foi o seu secretario en Washington.Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxina 158.

En 1915, Baker trasladouse a Rusia para ocupar durante dous anos o posto de secretario persoal de George T. Marye, o embaixador dos Estados Unidos naquel país. miniatura|242x242px|O director da US Mint, Raymond T. Baker, e o deseñador Anthony de Francisci examinando un molde en xeso do novo dólar Peace (1921). Ao seu regreso de Rusia, o presidente Woodrow Wilson nomeouno en 1917 director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, posto que ocupou ata marzo de 1922."Former Directors of the United States Mint". United States Mint. O primeiro ano do seu mandato estivo marcado pola morte do gravador xefe da Casa da Moeda, Charles e Barber, e o nomeamento do seu sucersor, Gerorge T. Morgan. Un dos fitos deste período foi a posta en circulación do coñecido como dólar Peace, en 1921."PCGS Certifies Rare Transitional Peace Dollars From Former Mint Director’s Estate ". En Coin Week. 12 de xullo de 2014.

Logo de deixar o seu posto na Casa da Moeda, Baker retomou os seus negocios relacionados coa minaría e introduciuse tamén no sector bancario.

Baker presentouse por Nevada ás eleccións ao Senado de 1926, dentro da candidatura demócrata, mais acabou derrotado polo candidato republicano Tasker Oddie."Statistics of the Congressional Election of November 2, 1926". Páxina 12. United States House of Representatives.

Vida persoal miniatura|240x240px|Fotografía familiar de Raymond T. Baker (1920). O 12 de xuño de 1918 casou coa rica herdeira Margaret Emerson Vanderbilt (1886-1960), viúva de Alfred Gwynne Vanderbilten, en Lenox, Massachusetts,"Mrs. A.G. Vanderbilt to wed R. T. Baker [...] Director of the Mint at Her Lenox Home in June". En The New York Times. 31 de maio de 1918. con quen tivo unha filla. Raymond e Margaret divorciáronse o 1 de outubro de 1928.

O 4 de decembro de 1928, Baker casou en segundas nupcias con Delphine Dodge Cromvell (1899-1943), filla do fundador da Marca automobilística Dodge (Dodge Motor Company)."Mrs. Cromwell to Marry Today; Former Delphine Dodge to Wed Raymond T. Baker, Ex-Director of U.S. Mint". En The New York Times. 4 de decembro de 1928. Coa súa segunda esposa tivo outra filla.

Baker faleceu por mor dunha trombose coronaria o 28 de abril de 1935, en Washington, uns tres meses despois de sufrir un ataque ao corazón."Raymond T. Baker, ex-Mint head, dies; Held Federal Post From 1917 to 1922 Led in Development of Mining in Nevada". En The New York Times. 29 de abril de 1935."Ray T. Baker, Former Mit Director, Dies". En Healdsburg Tribune. 29 de abril de 1935. Foi incinerado e as súas cinzas foron soterradas no cemiterio de Mountain View, en Oakland, California."Raymond Thomas Baker". Findagrave.com

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). "Raymond Thomas Baker". En Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxinas 157-158. Smith, P. (2012). "Baker, Raymond Thomas". En American Numismatic Biographies. Páxina 21.

Outros artigos

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Nados en Nevada Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Políticos do Partido Demócrata dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Nevada, Reno Categoría:Alumnos da Universidade Stanford