miniatura|Santiaguiño mediterráneo na costa de Malta. O santiaguiño do MediterráneoA Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 2 de xullo de 2022. (Scyllarides latus) é unha especie de santiaguiño da familia Scyllaridae que habita no mar Mediterráneo e na costa leste do océano Atlántico. É unha especie comestible moi valorada, pero escasea na maior parte da súa área de distribución pola sobrepesca. Os adultos chegan a medir uns 30 cm, están ben camuflados e carecen de pinzas. Teñen hábitos nocturnos, emerxendo de covas e outros refuxios durante a noite para alimentarse de moluscos. Son depredados por numerosas especies de peixes óseos.
Distribución Scyllarides latus atópase na maior parte das costas do mar Mediterráneo (cunha excepción notable no Adriático setentrional) e en rexións orientais do océano Atlántico, desde Lisboa a Senegal, incluíndo a Macaronesia. No Senegal, cohabita con Scyllarides herklotsii, especie de gran parecido.
Descrición S. latus pode crecer até unha lonxitude de 45 cm, aínda que xeralmente non supera os 30 cm, o que supón unha carapa duns 12 cm. Un exemplar pode pesar até 1,5 kg. Como en todas as especies de esciláridos, o segundo par de antenas está engrosado e aplanado en forma de pa. A pesar de estar emparentados coas lagostas, Scyllarides latus, como o resto de especies da súa familia, carece de pinzas, e tampouco presenta defensas espiñentas. A cambio, o seu exoesqueleto, en particular a súa carapa, é máis groso e funciona como armadura. Os adultos camúflanse grazas á súa coloración críptica, ao que contribúe a presenza de protuberancias na súa carapa.
Notas
Categoría:Animais descritos en 1803 Categoría:Crustáceos do océano Atlántico Categoría:Marisco Categoría:Decápodos