Nadia de Santiago Capell, nada en Madrid o 3 de xaneiro de 1990, é unha actriz española coñecida tanto polo seu papel en Las trece rosas como polo de Asunción Muñoz en Amar en tiempos revueltos, a súa secuela Amar es para siempre e polo seu papel de Marga Suárez na exitosa serie de Netflix Las chicas del cable.
Traxectoria Empezou a súa carreira como actriz moi nova participando en películas coma Clara y Elena, La soledad era esto e El florido pensil. Tamén nos seus comezos, presentou programas infantís tales coma Aquatrix (1999) e El submarino Azul (2000).
En 2002, conseguiu o seu primeiro papel regular na serie Javier ya no vive solo de Telecinco. Tamén formou parte do elenco recorrente das series Ana y los siete (2004) de Televisión Española, Al filo de la ley (2005) de Televisión Española e Cambio de Clase (2006-2009) de Disney Channel. Ademais, tamén tivo participacións episódicas nas series de grande éxito nacional como Los hombres de Paco de Antena 3, Hospital Central e El Comisario, ambas de Telecinco.
No cinema participou en diversos filmes como Alatriste (2006), de Agustín Díaz Yanes ou Las trece rosas (2007), de Emilio Martínez Lázaro coa que conseguiu un nomeamento nos Premios Goya e outro na Unión de Actores.
En 2009, incorporouse ao elenco da serie de Antena 3 90-60-90, diario secreto de una adolescente, onde interpretou a Luz. Ese mesmo ano tamén participou na primeira tempada da serie La Señora de Televisión Española. En 2010, incorporouse á sexta tempada da serie Amar en tiempos revueltos, de Televisión Española. Nela interpretou a Asunción Muñoz ata o final de dita serie, que foi cancelada pola súa baixa audiencia na sétima tempada. Porén, Nadia seguiu interpretando a Asunción Muñoz en Amar es para siempre, a continuación de Amar en tiempos revueltos, que se emitiu en Antena 3 ata a súa terceira tempada.
En 2011, estreouse a serie de suspense de Telecinco Punta Escarlata, onde foi membro do elenco xunto con Carles Francino e Antonio Hortelano. Tamén ese ano protagonizou a miniserie de Antena 3 Sofía, un biopic sobre a Raíña Sofía de España. Nadia interpretou a unha xove Sofía de Grecia xunto a Jorge Suquet e Emma Suárez, entre outros. En 2013, participou na miniserie de Telecinco Niños Robados, onde interpretou a Conchita, unha moza á que lle arrebatan o seu bebé nada máis dar a luz. Durante a súa participación en distintas series de televisión, Nadia tamén formou parte de diversos proxectos cinematográficos como Ali (2012) de Paco R. Baños, Musarañas (2014) de Juanfer Andrés e Estaban Roel e Stop over in hell (2016) de Víctor Matellano.
No ano 2016, actuou como personaxe episódica nas series de Televisión Española El ministerio del tiempo e El Caso: Crónica de sucesos.
En 2017, protagonizou a primeira tempada da serie de Netflix Las chicas del cable xunto a Blanca Suárez, Maggie Civantos e Ana Fernández entre outras. En maio de 2017 a plataforma anunciou a segunda tempada da serie estreada arredor de decembro de 2017 ao mesmo tempo que comunicou a renovación por unha terceira tempada na estrea de 2018. A serie concluíu coa entrega da súa cuarta entrega, e con ela deuse fin ás súas protagonistas.
En 2021, estreouse en Netflix El tiempo que te doy, unha serie conceptual de capítulos breves, que narra unha relación sentimenntal, na cal Nadia é a protagonista e creadora da serie. Os premios Feroz 2022, nomearon a obra á mellor serie dramática, e a mellor actriz principal (a propia Nadia de Santiago) e actor principal (Álvaro Cervantes).
Filmografía
Series de televisión +AnoTítuloCadeaPersonaxeNotas2002-2006Hospital CentralTelecincoVanesa/Almudena3 episodios2002-2003Javier ya no vive soloTelecincoRaquel26 episodios2003ParaísoLa 1Carmen1 episodio2004Ana y los sieteLa 1Andrea Hidalgo20 episodios2004-2006El ComisarioTelecincoBerta/Raquel2 episodios2005Al filo de la leyLa 1Carla7 episodiosLos SerranoTelecincoSandra1 episodio2005-2006Los hombres de PacoAntena 3Kira5 episodios2006-2009Cambio de claseDisney ChannelMfalda "Mafi"69 episodios2007Cuenta atrásCuatroBea1 episodio200990-60-90, diario secreto de una adolescenteAntena 3Luz Varela8 episodiosLa SeñoraLa 1Carmelita8 episodios2010-2012Amar en tiempos revueltosLa 1Asunción "Asún" Muñoz504 episodios2011SofíaAntena 3Princesa Sofía de Grecia e Dinamarca2 episodiosPunta EscarlataTelecincoLucía Castro9 episodios2013Niños robadosTelecincoConchita2 episodiosMirabilisCeciliaWeb series6 episodios2013-2015Amar es para siempreAntena 3Asunción "Asún" Muñoz469 episodios2016El Ministerio del TiempoLa 1Rosa del Amo1 episodioEl Caso: Crónica de sucesosLa 1Amelia Coso1 episodio2017-2020Las chicas del cableNetflixMaría Inmaculada "Marga" Suárez42 episodios2021El tiempo que te doyNetflixLina Ruiz10 episodios
Programas de televisión +AnoProgramaNotas1999AquatrixPresentadora2000El Submarino AzulPresentadora
Filmes +AnoTítuloPersonaxeNotas2001Clara y ElenaElena de nenaSecundario2002Esta noche, noNinaProtagonistaLa soledad era estoElenaProtagonistaEl florido pensilNena do concursoSecundario2005Otros días vendránVegaProtagonistaVia y colorSaraProtagonista2006La hora fríaAnaSecundarioAlatristeAngélica de adolescenteProtagonista2007Las 13 rosasCarmenProtagonista2009La mujer sin pianoClienta JavenSecundario2012AliAliProtagonista2014MusarañasA nenaProtagonista2016Stop Over in HellRoseProtagonista2019El increíble finde menguanteSiraSecundario522. Un gato, un chino y mi padreSecundario
Curtametraxe +AnoTítuloPersonaxeNotas2002Recuerdos de mamáElenita2007Test2010Mi otra mitadAndrea2013La sorpresa de AquinaraNadia2014La cañada de los inglesesSirena2016CamadaIrenePostalesChicas2017Dos segundos de silencioIreneOrgullo nacionalManuela20184,92019GladiadoresElla
Teatro +AnoObraDirector2014Cuatro confesionesBárbara Santa-Cruz2015La novia de papáJoe O'Curneen
Premios e nomeamentos
Premios Goya +AnoCategoríaFilmeResultado2007Mellor actriz revelaciónLas 13 rosasNomeada
Premios Feroz +AnoCategoríaFilmeResultado2021Mellor actriz protagonista de serieEl tiempo que te doyNomeada
Premios Forqué +AnoCategoríaFilmeResultado2021Mellor actriz de televisiónEl tiempo que te doyNomeada
Premios da Unión de Actores +AnoCategoríaFilmeResultado2007Mellor actriz secundaria de cinemaLas trece rosasNomeada
Gañadora da Biznaga de Prata á mellor actriz pola curtametraxe no Festival de Cinema de Málaga por Test (2008).
Notas
Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría: Nados en 1990 Categoría:Nados en Madrid