alt=Mestre de pé fronte ao alumnado de aproximadamente 10 a 14 anos, sentado, falando e lendo nunha aula| miniatura|Escola de 1848. Albert Anker (1896). A investigación cualitativa utilízase en numerosos contextos como a educación. A investigación cualitativa é o método científico de observación para recompilar datos non numéricos. Adóitanse determinar ou considerar técnicas cualitativas todas aquelas distintas ao experimento como as entrevistas, os grupos de discusión e a observación. A investigación cualitativa recolle os discursos completos dos suxeitos para proceder logo á súa interpretación, analizando as relacións de significado que se producen en determinada época, cultura ou ideoloxía. É usada principalmente en ciencias sociais. Tamén se empezou a empregar no campo educativo de maneira significativa.

A investigación cualitativa baséase en "estudos de caso, experiencias persoais, introspección, historias de vida, entrevistas, artefactos e textos e producións culturais, xunto con textos observacionais, históricos, interactivos e visuais". A investigación cualitativa non insiste na representativa mostra dos seus resultados. Adquire validez externa a través de diversas estratexias, entre elas o traballo de campo, a triangulación de resultados ou a adopción de representativo estrutural: incluír na mostra a membros dos principais elementos da estrutura social en torno ao fenómeno de estudo.

É metodológicamente un enfoque interpretativo, naturalista cara ao seu obxecto de estudo. Isto significa comprender a realidade no seu contexto natural e cotián, tentando interpretar os fenómenos de acordo cos significados que lle outorgan as persoas implicadas. Coa investigación cualitativa, obtéñense datos descritivos: as propias palabras das persoas, faladas ou escritas, e a conduta observábel.

Cabe sinalar que ao realizar investigacións con perspectiva cualitativa, non se adoita expor hipótese a priori, por tanto o investigador desenvolve supostos de orientación ao longo do estudo cualitativo para a problemática tratada; a investigación con enfoque cualitativo, ao usar a indución tenta dar resposta á pregunta e obxectivos do proxecto investigador

Historia Nalgúns campos, como a antropoloxía, os métodos foron desde os seus inicios cualitativos. Mentres, noutros ámbitos tivo lugar un desenvolvemento conflitivo, sobre todo a partir da década de 1960. De feito, a xeneralización da enquisa en socioloxía e o experimento en psicoloxía non culminaron até os anos 1950. Empezouse a falar de investigación cualitativa en parte como reacción á chegada de ambos os métodos gnomónicos. Nos Estados Unidos as respostas partiron desde correntes como a fenomenoloxía, a hermenéutica, ou o interaccionismo simbólico. Respecto de Europa, foi decisivo o peso da psicanálise e o marxismo, coa súa herdeira a teoría crítica, e o desenvolvemento do estruturalismo nado da obra de Ferdinand de Saussure.

Tipos de investigación cualitativa Existen algunhas formas específicas de investigación cualitativa. Entre elas atópanse:

Análise do discurso alt=Miniatura de Esopo nas Crónicas de Núremberg|miniatura|Miniatura de Esopo nas Crónicas de Núremberg. Cada tipo de discurso - como por exemplo as fábulas - varía pola súa finalidade e forma. A análise do discurso é unha práctica interpretativa e unha disciplina que, aínda que xurdiu na Lingüística, constitúe un campo académico interdisciplinario. As investigacións desta disciplina, preocupadas por entender a linguaxe en uso, estudan sistematicamente o discurso escrito, oral e audiovisual. A análise do discurso desenvolveuse en diferentes países desde diferentes perspectivas, tales como a Escola Francesa, a análise crítica do discurso, a análise feminista crítica do discurso, a análise multimodal, e a análise da conversación, entre outras. Todas estas disciplinas agrúpanse no vasto campo dos estudos do discurso.

Entrevista alt=Xornalista entrevistando a unha muller nun estudio de radio|miniatura|As entrevistas poden ser estructuradas, semiestructuradas ou non estructuradas. Unha entrevista é unha conversación na que se fan preguntas para obter información. O entrevistador faille preguntas ao entrevistado, establecendo unha serie alterna de preguntas e respostas. Indo de maior a menor grao de rixidez prefixado, as entrevistas poden ser estruturadas, semiestruturadas ou non estruturadas de modo que o proceso goce de máis ou menos flexibilidade para o seu desenvolvemento. Os grupos focais ou grupos de discusión permiten o debate entre un grupo de persoas analizando a conversación resultante entre os participantes. Na investigación fenomenolóxica ou etnográfica, as entrevistas utilízanse para descubrir os significados dos temas centrais no mundo da vida dos suxeitos desde o seu propio punto de vista.

Etnografía

Grupo focal ou grupo de discusión O grupo focal ou grupo de enfoque (focus group en inglés) é unha técnica cualitativa de estudo das opinións, experiencias, expectativas ou actitudes dun grupo que se utiliza en ciencias sociais e en estudos comerciais. Nalgúns casos, úsase indistintamente a grupo de discusión (discussion group en inglés) e a entrevista grupal (group interview en inglés); noutros casos establéncese matices nas finalidades e metodoloxías de desenvolvemento. Observación participante alt=Grupos de turistas visitando ruínas en Bari (Italia). |miniatura|A observación participante das actividades humanas é habitual en moitas ciencias. A observación participante é unha técnica de recolección de datos amplamente utilizada en moitas disciplinas (etnografía, socioloxía, estudos de comunicación, ciencia política, xeografía humana, psicoloxía social, educación, entre outras). Porén, a antropoloxía social e cultural construíu a súa identidade disciplinaria arredor dela converténdoa na súa principal técnica de recolección de datos. O seu obxectivo é coñecer estreitamente un determinado grupo de persoas (relixioso, ocupacional, cultural ou unha comunidade particular) e as súas prácticas a través dunha participación na vida cotiá no seu contorno cultural, xeralmente ao longo dun tempo determinado. Esta técnica colleu especial interese a partir do traballo de campo do antropólogo británico Bronisław Malinowski nas Illas Trobriand.

Técnicas proyectivas As técnicas poden usarse para incitar de forma indirecta aos participantes a proxectar as súas motivacións, crenzas, actitudes ou sentimentos subxacentes con respecto aos temas de interese. Ao interpretar a conduta doutras persoas, os participantes proxectan de maneira indirecta as súas propias motivacións, crenzas, actitudes ou sentimentos na situación. Entre as técnicas proyectivas máis comúns están:

Asociación: Técnica proxectiva na que se presenta un estímulo ao participante e se lle pide que responda o primeiro que lle veña á mente. Construción: Técnica na que os participantes deben construír unha resposta en forma de historia, diálogo ou descrición. Expresión: Técnica na que se presenta ao participante unha situación verbal ou visual, e se lle pide que relacione os sentimentos e as actitudes doutras persoas coa situación. Complementación: Pídeselle aos participantes que complementen unha situación de estímulo incompleta.

Principais características da investigación cualitativa De acordo a Rodríguez Gómez et al. (1996), as principais características da investigación cualitativa son: Cuestións de investigaciónMétodoFontesTécnicas / Instrumentos Outras fontes de datosPrincipais referenciasCuestións de significado: explicitar a esencia das experiencias dos actoresFenomenologíaFilosofía (Fenomenoloxía)Gravación de conversacións, escrita de anécdotas de experiencias persoaisLiteratura fenomenolóxica, reflexións filosóficas, poesía, arteHeshusius 1986; Mélich 1994; van Manen 1984, 1990.Cuestións descritivas / interpretativas: valores, ideas, prácticas dos grupos culturaisEtnografíaAntropoloxía (cultura)Entrevista non estruturada; observación participante; notas de campoDocumentos, rexistros, fotografía, mapas, xenealoxías, diagramas de redes sociaisErickson 1975; Mehan 1978; 1980; García Jiménez 1991; Fetterman 1989; Grant e Fine 1992; Hammersley e Atkinson 1992; Spradley 1979.Cuestións de proceso: experiencia ao longo do tempo ou cambios con posíbeis etapas e fasesTeoría FundamentadaSocioloxía (interaccionismo simbólico)Entrevistas (gravadas)Observación participante; memorias; diariosGlaser 1978; 1992; Glaser e Strauss 1967; Strauss 1987; Strauss e Corbin 1990.Cuestións centradas na interacción verbal e o diálogoEtnometodología; análise do discursoSemióticaDiálogo (rexistro en son e vídeo)Observación; notas de campoAtkinson 1992; Benson e Hughes 1983; Cicourel et al. 1974; Coulon 1995, Denzin 1970, 1989 ; Heritage 1984; Rogers 1983.Cuestións de mellora e cambio socialInvestigación-AcciónTeoría CríticaMisceláneaVariosKemmis 19990; Elliot 1991.Cuestións subxectivasBiografíaAntropoloxía; SocioloxíaEntrevistaDocumentos, rexistros, diariosGoodson 1985, 1992; Zabalza 1991.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Avaliación Análise de contido Investigación cuantitativa Observación Análise cuali-cuantitativo comparado Triangulación (ciencias sociais)

Ligazóns externas In Market Research - Investigación Cualitativa Independente IC - Investigación Cualitativa Forum Qualitative Research ESEQ, Estudos sociais, políticos e de mercado. Estudos cualitativos e cuantitativos

Categoría:Ciencias sociais

Categoría:Socioloxía Categoría:Etnografía Categoría:Antropoloxía Categoría:Investigación Categoría:Psicoloxía Categoría:Métodos de investigación