Iñaki Artola Izagirre, nado en Alegia, Guipúscoa o 28 de xullo de 1994, é un xogador profesional de pelota vasca. Xogou como dianteiro co Baiko Pilota. Debutou profesionalmente o 28 de xuño de 2014 no estadio Beotibar de Tolosa (Gipúscoa). Salienta polo seu potente golpe; ata ser cadete, xogou como defensa. Na actualidade é o que representa unha maior diferenza á hora de rematar un punto.Jon ESKUDERO: «Tolosaldeko uzta oparoa», Berria, 2014-06-20.Jokin VICTORIA DE LECEA: «El atleta de la cancha: el alegitarra Iñaki Artola es la última incorporación de Asegarce», Noticias de Navarra, 2014-07-02.
Traxectoria Cinco meses despois do seu debut, gañou o seu primeiro título profesional: o Campionato de Catro e Medio de Segunda División, vencendo na final a Jokin Altuna por 22-8.Joseba LEZETA: «Altuna-Artola Promozio mailako finala Donostian jokatuko da», Diario Vasco, 2014-11-17.Ander GARTZIA: «Etorkizun oparoko txapela» , Berria, 2014-11-23.
En 2021, clasificouse para a final do torneo cara a cara da primeira división, xunto con Jokin Altuna, mais por mor dunha lesión non puido xogar a final e no seu lugar xogou Beñat Rezusta.
En 2022, foi campión do Torneo San Fermín xunto con Mariezkurrena, derrotando a Altuna e Rezusta.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do pelotari , na páxina web de Baiko Pilota.
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Alegia Categoría:Deportistas do País Vasco