Umbra krameri é unha especie de peixe dulciacuícola da orde dos esociformes, que é o tipo da familia dos úmbridos.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1792 polo médico, naturalista e taxonomista alemán Johann Julius Walbaum.Umbra krameri Walbaum, 1792 no WoRMS. Consultado o 2 de agosto de 2022.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Cyprinodon umbra Cuvier, 1829 Umbra canina Károli, 1882 Umbra krameri Fitzinger, 1832 Umbra krameri pavlovi Kux & Libosvarsky, 1957 Umbra lucifuga Gronow, 1854

Características Coa morfoloxía do corpo similar ao resto das especies da súa familia, a lonxitude máxima descrita foi de 17 cm,Povz, M. (1995): "Threatened fishes of the world: Umbra krameri Walbaum, 1792 (Umbridae)". Environ. Biol. Fish. 43 (3): 232. aínda que a lonxitude media normal é moito máis pequena, duns 5 cm.Muus, B. J. e P. Dahlström (1968): "Süßwasserfische". BLV Verlagsgesellschaft.

Distribución, hábitat e bioloxía Umbra krameri distribúese por Europa, nas concas hidrográficas dos ríos Danubio e Dniéster, aínda que podemos vela máis facilmente en acuarios, xa que se comercializa para o seu uso en acuarioloxía.Kottelat, M., 1997. "European freshwater fishes". Biologia 52, Suppl. 5:1-271. Encóntrase en Austria, Bosnia Herzegovina, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Hungría, Moldova, Montenegro, a República Checa, Romenia, Serbia e Ucraína.

É unha especie bentopeláxica de río, non migradora, que prefire un rango de pH entre 6 e 6,5.

Resiste unha ampla variedade de temperaturas entre os 5 e os 24 °C.

Habita nas canles de irrigación pequenos e nas augas lentas e/ou estancadas con densa vexetación; é moi territorial, alimentándose no seu territorio de plancto de crustáceos de gran tamaño e de larvas de invertebrados.

Estado de conservación A especie encóntrase en estado vulnerable, debido á destrución dos seus hábitats, as novas técnicas agrícolas de irrigación e á desaparición das antigas gabias de rego nas que proliferaba, as restricións ás inundacións dos ríos, á presión debida á reintrodución de especies exóticas de peixes, e pola polución química.Freyhof, J. (2011): Umbra krameri na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 2 de agosto de 2022.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Nelson, J. S. (2016): Fishes of the world. 5ª edición. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-1-1183-4233-6.

Outros artigos Esociformes Úmbridos

Ligazóns externas Umbra krameri Walbaum, 1792 en FishBase.

Categoría:Esociformes