Richard Robert "Ricky" Arnold II, nado en Cheverly, Maryland, o 26 de novembro de 1963, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-119 e Soiuz MS-08 e foi membro das expedicións 55 e 56 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Arnold graduouse como mestre pola Universidade do Estado de Frostburg en 1988 e é máster en ciencias mariñas e ambientais pola Universidade de Maryland en 1992.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 2003. Participou nas misións STS-119 e Soiuz MS-08 e foi membro das expedicións 55 e 56 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 209,56 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Expedición 55 Expedición 56

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Maryland