Olga Fyodorovna Bergholz (en ), nada en San Petersburgo o e finada ibídem (na mesma cidade, renomeada Leningrado) o 13 de novembro de 1975, foi unha famosa poeta soviética, coñecida polo seu traballo na radio durante o asedio de Leningrado, onde foi o símbolo da forza e determinación da cidade.

Traxectoria miniatura|Pronuncia do nome de Olga Fyodorovna Bergholz (en )

Primeiros anos Olga Bergholz naceu nun barrio de traballadores de San Petersburgo. O seu pai era Fyodor Khrisophorovich Bergholz (1885-1948), un cirurxián de ascendencia rusa e letoa, aínda que en 1942 foi exiliado ao krai de Krasnoiarsk por ser "de etnia alemá e fillo dun capitalista" (en realidade, o seu pai era un traballador fabril). Foi estudante de Nikolay Burdenko na Academia Médica Militar Imperial, e exerceu como médico militar durante a primeira guerra mundial. Tras a Revolución de Outubro foi mobilizado co Exército Vermello.

A súa nai, María Timofeyevna Grustilina (1884-1957), era unha muller de orixe rusa. A parella tivo outra filla máis nova, María (1912-2003), que sería actriz no Teatro Estatal de Comedia Musical de Leningrado. Co estalido da Guerra Civil Rusa en 1918, Fyodor Bergholz enviou á súa familia a Uglich. Alí, residiron no antigo mosteiro Bogoyavlensky até 1921. Tras regresar a Petrogrado, Olga matriculouse nunha escola de traballo, rematando os seus estudos en 1926.

Publicou os seus primeiros versos, dedicados a Vladimir Lenin, en 1924. Ao ano seguinte, uniuse a un grupo de novos literatos coñecido como "O cambio", onde coñeceu a Boris Kornilov. En 1927, ambos comezaron a estudar no Instituto Estatal de Historia da Arte. En 1928, casaron e naceu a súa filla, Irina. Porén, o Instituto Estatal pechou pouco despois, e algúns dos seus estudantes (entre os que se atopaba Olga, mais non Boris) foron trasladados á Universidade de Leningrado.

Dos anos 20 ao 1940 miniatura|Monumento a Boris Kornilov, o seu primeiro marido e pai da súa filla Irina|alt=Monumento a Boris Kornilov, o seu primeiro marido e pai da súa filla Irina

Licenciouse en filoloxía na Universidade de Leningrado en 1930, e foi enviada a Kazakhstán como xornalista para o xornal The Soviet Steppe. En 1930, con vinte anos, divorciouse de Kornilov e casou co seu amigo da universidade Nikolai Molchánov.

Despois do seu regreso a Leningrado, traballou como editora no xornal da fábrica Electrosila (1931-1934) e publicou varios libros. O 13 de decembro de 1938 foi encarcerada, permanecendo detida durante 7 meses durante a Gran Purga, onde unha malleira durante un interrogatorio provocou un mortinato. Boris Kornilov foi fusilado en 1938. Olga foi liberada o 3 de xullo de 1939, e posteriormente foi rehabilitada.

Actividade desde a Segunda guerra mundial Alistouse no partido comunista en 1940.

Bergholz é unha dos poetas máis coñecidos do Sitio de Leningrado. O seu segundo marido, Nikolai Molchánov, filólogo, morreu alí de fame en 1942. Olga permaneceu na cidade asediada. Alí creou os seus mellores poemas, dedicados aos defensores de Leningrado. Despois da guerra seguiu escribindo con éxito, incluíndo Pervorossiya en 1950, polo que recibiu o Premio Estatal da URSS.

En 2010 foron publicados os seus diarios onde relataba os seus anos máis difíciles, 1939-1949.

Pasamento Olga Bergholz morreu en 1975. Está enterrada na Literátorskie Mostkí (Pontes Literarias) do cemiterio de Volkovo en San Petersburgo.

Homenaxes Foi condecorada coa Orde de Lenin, o Premio Stalin e numerosas medallas; unha rúa de San Petersburgo, un cráter de Venus e o planeta menor 3093 Bergholz descuberto pola astrónoma soviética Tamara Smirnova en 1971 levan o seu nome.

Galería de placas e monumentos na súa honra

Obra

Глубинка - Glubinka (1932) Годы штурма (1933) Night and New Look (1935) Журналисты (1934) Зерна - Zerna (1935) Стихотворения, (1934) Книга песен (1936) Февральский дневник (1942) - "Diario de febreiro" Ленинградская поэма (1942) - "Poema de Leningrado" Памяти защитников, (1944) Tétrada de Leningrado (1942) Первороссийск - "Pervorossik / Pervorossiya" (1950) Oni Jili en Leningrado (1944) У нас на земле - "Estás no mundo" (1947) Верность - Vernost (1954)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Literatura rusa Poetas da fronte soviéticos Poeta de guerra

Ligazóns externas Ольга Фёдоровна Бергольц . Consultado o 29 de xuño de 2012. Serán publicados os diarios confiscados de Olga Bergholz

Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Escritores da Unión Soviética Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1975