Jacobo Buceta, nado en Vigo en 1975, é un xornalista de radio e televisión e escritor galego.
Biografía Jacobo Buceta naceu en Vigo en 1975 despois de que os seus pais, de Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa, se mudasen á cidade olívica.
En 1998 comezou a traballar para Radio Vigo, a emisora local da Cadena SER na cidade. No ano 2000 comezou a narrar as retransmisións deportivas do Real Club Celta de Vigo na mesma emisora. En 2008 pasa a dirixir o programa magazín Hoy por Hoy na súa edición de Vigo. Tamén colabora co programa deportivo Carrusel Deportivo coma comentarista de fútbol.
Desde 2006 presenta o programa Área de Juego en Localia Televisión.
Obras Fútbol es fútbol (2012). Vigo: Xerais. 320 páxinas, ISBN 9788499144382 Notas
Véxase tamén Outros artigos Paula Montes Radio Vigo
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1975
Categoría:Xornalistas de Vigo
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega