O ascenso das Tartarugas Ninja: A película (en ) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Ant Ward e Andy Suriano. Baséase na serie de televisión Rise of the Teenage Mutant Ninja Turtles, que á súa vez forma parte da franquía Teenage Mutant Ninja Turtles. Conta coas voces de Ben Schwartz, Omar Benson Miller, Brandon Mychal Smith, Josh Brener, Haley Joel Osment, Kat Graham e Eric Bauza. Foi producido por Nickelodeon Movies e Nickelodeon Animation Studio con animaciónn de Flying Bark Productions e Top Draw Animation.

Estreouse o 5 de agosto de 2022 a través de Netflix, onde conta con versión dobrada e subtitulada en galego. Foi traducido por Raquel da Silva e o director de dobraxe foi Matías Brea. A versión subtitulada foi traducida por Darío Vázquez Loureiro.

Personaxes Ben Schwartz como Leonardo/Leo Omar Benson Miller como Raphael/Raph Brandon Mychal Smith como Michelangelo/Mikey Josh Brener como Donatello/Donnie Haley Joel Osment como Casey Jones Kat Graham como April O'Neil Eric Bauza como Splinter Jim Pirri como Krang Un Toks Olagundoye como Krang Dous Rob Paulsen como Tenente Foot John Michael Higgins como Warren Stone Rhys Darby como Hypno-Potamus

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre ninjas Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes de Nickelodeon Movies Categoría:Filmes baseados en series de televisión Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego