Alexandre Pires Marceniuk é un ictiólogo brasileiro.

Traxectoria Alexandre P. Marceniuk fixo a Licenciatura en Ciencias Biolóxicas de 1988 a 1992 na Universidade Católica de Santos e o Mestrado en Ciencias Biolóxicas (Zooloxía) de 1994 a 1997 na Universidade de São Paulo.Alexandre Pires Marceniuk en escavador.com .

É especialista en taxonomía, filoxenia e bioxeografía de peixes mariño-estuarinos, especialmente das especies da familia dos aríidos.

En 2007, xunto co seu colega Naércio Aquino de Menezes, describiu o novo xénero Amphiarius,Amphiarius Marceniuk & Menezes, 2007 no WoRMS. Consultado o 6 de agosto de 2022. no seu traballo:

Marceniuk, A. P. & Menezes, N. A. (2007): "Systematics of the family Ariidae (Ostariophysi, Siluriformes), with a redefinition of the genera". Zootaxa 1416: 1–126.

Na actualidade é profesor da Universidade de Mogi das Cruzes, en Mogi das Cruzes, Estado de São Paulo.

Algúns taxons descritos por Marceniuk Amphiarius Ariopsis canteri Ariopsis jimenezi Carlarius

Algunhas publicacións recentes Libro Alexandre P. Marceniuk & Alexandre W. S. Hilsdorf (2010): Peixes das cabeceiras do Rio Tietê e Parque das Neblinas. Bauru, São Paulo: Canal 6 Editora. ISBN 978-85-7917-130-7. Artigos Marceniuk, A. P., Caires, R., Siccha-Ramirez, R. & Oliveira, C. (2016): "Review of the harvestfishes, genus Peprilus (Perciformes: Stromateidae), of the Atlantic coast of South America". Zootaxa 4098 (2): 311–332. (Resume). Marceniuk, A. P., Marchena, J. & Betancur-R, R. (2016): "Cathorops festae (Boulenger 1898) (Siluriformes; Ariidae), a valid species from Ecuador and Peru". Zootaxa 4170 (1): 137–148. (Resume). Silva, W. C. d., Marceniuk, A. P., Sales, J. B. L. & Araripe, J. (2016): "Early Pleistocene lineages of Bagre bagre (Linnaeus, 1766) (Siluriformes: Ariidae), from the Atlantic coast of South America, with insights into the demography and biogeography of the species". Neotropical Ichthyology 14 (2): e150184. (Texto completo). Marceniuk, A. P., Acero P., A., Cooke, R. & Betancur-R., R. (2017): "Taxonomic revision of the New World genus Ariopsis Gill (Siluriformes: Ariidae), with description of two new species". Zootaxa 4290 (1): 1–42. (Resume). Alexandre Pires Marceniuk et al. (2019): "The bony fishes (Teleostei) caught by industrial trawlers off the Brazilian North coast, with insights into its conservation". Neotrop. ichthyol. 17 (2): 38 pp. (Texto completo).

Abreviatura A abreviatura Marceniuk emprégase para recoñecer a Alexandre Pires Marceniuk como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Alexandre Pires Marceniuk en Biblioteca Virtual da FAPESP . Alexandre P. Marceniuk en sites.google.com .

Categoría:Científicos do Brasil Categoría:Ictiólogos do Brasil Categoría:Alumnos da Universidade Católica de Santos Categoría:Alumnos da Universidade de São Paulo Categoría:Profesores da Universidade de Mogi das Cruzes Categoría:Nados en ano descoñecido