A Universidade de Mogi das Cruzes (UMC) é unha institución de ensino superior privada do Brasil. Está localizada en Mogi das Cruzes, no Estado de São Paulo. Foi fundada en 1964 e ofrece cursos de grao e posgrao en 2 campos, un en Mogi das Cruzes, no barrio da Vila Leopoldina, e o outro en Villa-Lobos/Lapa.A Universidade .
Historia O 10 de marzo de 1962 o professor e padre xesuíta Manoel Bezerra de Melo foi transferido pola súa orde do Río de Xaneiro para Mogi das Cruzes. Alí fundou o 28 de maio de 1962 unha escola de ensino fundamental chamada Organização Mogiana de Educação e Cultura. No ano seguinte Melo pasou a integrarse na Secretaría de Educación e Cultura do Estado de São Paulo, sendo nomeado director da División de Relacións Públicas da Secretaría. Tendo unha influencia crecente na rexión de Mogi das Cruzes, o padre Melo solicitou autorización ao Ministerio da Educación para implantar unha Facultade de Filosofía, Ciencias e Letras na cidade. Despois da análise documental, o conselleiro Newton Sucupira (do Consello Federal de Educación) autorizou en decembro de 1963 a apertura da Facultade de Filosofía, Letras e Ciencias de Mogi das Cruzes.Manuel Bezerra de Melo. Biografía. "Faculdade de Filosofia de Mogi das Cruzes". Diário de Notícias. 22 de decembro de 1963. Consultado o 2 de agosto de 2022.
Co Golpe de Estado no Brasil de 1964, a Facultade sofreu atrasos na súa implantacón. O padre Melo pasou a buscar o apoio do presidente da Asemblea Lexislativa de São Paulo, o deputado Francisco Franco, e posteriormente de membros da Alianza Renovadora Nacional (ARENA), o partido gobernamental, para acelerar os trámites. despois dunha visita do presidente Castello Branco a Mogi, o padre Melo conseguiu reunirse co mesmo e obtivo a autorización para os primeiros cursos:Chico Ornelas (21 de xuño de 2015): "Revelações de Padre Melo" . O Diário de Mogi. Consultado o 7 de agosto de 2022. Licenciatura en Letras (12 de abril de 1965) Filosofía
A partir de 1966, coa afiliación do padre Melo a ARENA e a súa elección como deputado federal por São Paulo, autorízanse novos cursos:"Universidade de Mogi das Cruzes". Ministerio de Educación de Brasil. Consultado o 7 de agosto de 2022. Licenciatura/Bacharelato en Ciencias Biolóxicas (1 de marzo de 1967) Enxeñaría Civil (1 de maio de 1968) Bacharelato en Ciencias Contábeis (1 de marzo de 1969)
En maio de 1968 o Ministerio de Educación pasou a investir no aproveitamento de excedentes do proba de acceso á universidade e investiu 100 mil novos cruzeiros no Colexio Mogi das Cruzes para recibilos. Con estes recursos, a Facultade puido ampliar os seus cursos e recibir cada vez máis alumnos.Jornal do Brasil, 21 de maio de 1968. Consultado o 7 de agosto de 2022.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial de Universidade.
Mogi Categoría:Estado de São Paulo