Monsters: Dark Continent (tamén coñecido como Monsters 2: Dark Continent ou sinxelamente como Monsters 2) é un filme dirixido por Tom Green e coescrito por Green e Jay Basu. É a secuela do filme de 2010 Monsters, dirixido por Gareth Edwards. Debido a compromisos con Godzilla, Edwards non regresou como director, mais si foi produtor executivo. A rodaxe comezou en marzo de 2013, con localizacións en Xordania e Detroit.

Personaxes Johnny Harris como Noah Frater Sam Keeley como Michael Parkes Joe Dempsie como Frankie Maguire Jesse Nagy como Ryan Conway Nicholas Pinnock como Sarxento Forrest Parker Sawyers como Shaun Williams Kyle Soller como Karl Inkelaar Sofia Boutella como Ara Michaela Coel como Kelly

Notas

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes rodados en Míchigan Categoría:Filmes rodados en Xordania Categoría:Filmes independentes do Reino Unido