Bjurholm é un municipio sueco (kommun) do condado de Västerbotten. A súa capital é a localidade de Bjurholm.

O terreo quebrado consiste nunha vasta paisaxe forestal atravesado polo río Öreälven. A silvicultura e a agricultura son a columna vertebral da economía do concello, isto a pesar da racionalización da primeira e do feito de que máis de dous terzos das empresas agrícolas pecharon dende a década dos 50.

Dende a fundación do municipio en 1983 a tendencia de poboación ten sido fortemente negativa. En decembro do ano 2024 vivían no concello 2 359 persoas.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västerbotten