O fosforribosil pirofosfato (PRPP) é unha pentosa fosfato e un intermediario bioquímico na formación de nucleótidos púricos a través da inosina-5-monofosfato. Por tanto, é un bloque de construción químico necesario para a formación do ADN e ARN. As vitaminas tiamina e cobalamina e os aminoácidos triptófano e histidina tamén conteñen fragmentos derivados do PRPP. Fórmase a partir de ribosa 5-fosfato (R5P) pola acción do encima ribosa-fosfato difosfoquinase: 500px
Xoga un papel na transferencia de grupos fosfo-ribosa en varias reaccións, algunhas das cales son vías de salvamento de nucleótidos:
Encima Reactivo Produto adenina fosforribosiltransferase adenina AMP hipoxantina-guanina fosforribosiltransferase guanina GMP hipoxantina-guanina fosforribosiltransferase hipoxantina IMP nicotinato fosforribosiltransferase nicotinato nicotinato ribósido orotato fosforribosiltransferase orotato OMP uracilo fosforribosiltransferase uracilo UMP xantina fosforribosiltransferase xantina XMP
Na xeración de purinas de novo, o encima amidofosforribosiltransferase actúa sobre o PRPP para crear fosforribosilamina. Na vía da biosíntese de histidina prodúcese a reacción entre o PRPP e o ATP, que activa este último polo corte dun anel. Os átomos de carbono da ribosa no PRPP forman a cadea linear e parte do anel de imidazol da histidina. O mesmo ocorre na biosíntese do triptófano, no que o primeiro paso é a N-alquilación do ácido antranílico catali<ada polo encima antranilato fosforribosiltransferase.
Aumento do PRPP
O aumento dos niveis de PRPP caracterízanse pola sobreprodución e acumulación de ácido úrico o que conduce á hiperuricemia e hiperuricosuria. É unha das causas da gota.
O incremento dos niveis de PRPP tamén se observan na enfermidade de Lesch–Nyhan. Unha diminución dos niveis do encima hipoxantina guanina fosforribosil transferase (HGPRT) causa esta acumulación, xa que o PRPP é un substrato utilizado pola HGPRT durante o salvamento de purinas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Biosíntese de purinas
Categoría:Organofosfatos