O Retablo de Belvís, procedente do Convento de Santa María de Belvís (en Santiago de Compostela), é unha pintura gótica sobre táboa, considerada polos historiadores a táboa medieval galega máis antiga que se conserva a día de hoxe Museo de Pontevedra: Retablo de Belvís. Durante tempo se considerou a "única táboa conservada en Galicia do período medieval" (Manso Porto (1993a, 589; en castelán no orixinal).. Exponse desde o 2010 no Museo de Pontevedra.

Representa o martirio de San Acacio e os seus dez mil soldados, os Dez mil mártires, no monte Ararat (na actual Turquía), aínda que o feito tense por apócrifo.

Lenda do martirio de San Acacio A tradición conta que Acacio era un centurión romano que no século II dirixiu o seu exército contra a rebelión producida na rexión do Éufrates. O inimigo estaba formado por cen mil soldados, e esa superioridade numérica provocou que boa parte das tropas romanas fuxisen ante o que se prevía unha derrota segura. Acacio e nove mil dos seus homes permaneceron na fronte dispostos a morrer se facía falta, e aparecéuselles un anxo que lles prometeu a vitoria se adoraban a Cristo. Así o fixeron e conseguiron vencer ós herexes. Os emperadores esixiron que abxuraran da fe cristiá e adoraran ós deuses romanos, ó que os novos conversos se negaron.

En consecuencia, os emperadores ordenaron o seu martirio, primeiro por lapidación, pero as pedras rebotaban e volvían caer sobre os torturadores. Ó ver este milagre, outros mil soldados tamén se converteron ó cristianismo, dando así a cifra canónica de dez mil cristiáns. Como fose que non se conseguiu a apostasía, ordenaron continuar o martirio cos mesmos suplicios ós que fora sometido Xesucristo, ata chegar á crucifixión de todos eles.

Historia A táboa está datada no último cuarto do século XIV (c. 1380-1400), en todo caso anterior a 1489, data na que se publica a primeira referencia ó culto dos Dez mil mártires, nunha bula do papa Inocencio VIII, proclamada o 14 de marzo de 1489 Segundo referencia de López Ferreiro.. Aínda así, é un feito que o seu culto en Galicia (así como noutros países, como Suíza ou Alemaña) é moi anterior pois hai constancia de que en 1288 celebrouse na Catedral de Lugo unha procesión dedicada ós Dez mil mártires; tamén en Lugo consta o proxecto da creación en 1309 dunha capela dedicada a eles no claustro da Catedral. Sábese tamén que en 1341 había na Catedral de Santiago unha capela funeraria con dous altares dedicados, un, ós Dez mil mártires, e outro a Santa Úrsula e ás Once mil virxes Segundo referencia de López Ferreiro..

O retablo de Belvís venerábase no convento de Santa María de Belvís (en Santiago de Compostela), o primeiro convento feminino da Orde dos Dominicos en Galicia Iacobus.org [consultado o 9.08.2022].. Deuse a coñecer en 1909 cando formou parte da Exposición Rexional Galega celebrada nesta cidade pero volveu ó convento ó rematar a Exposición "A táboa de Belvís, despois da dita Esposición de 1909, quedou compretamente esquecida e pechada antre os grosos muros do convento, moi gardada po-las monxas" (Carro García, px. 77).. Sábese que antes de que a igrexa do convento fose reedificada en 1725, o retablo estaba colocado nun altar dedicado ós Dez mil mártires, ante o que tódolos anos se celebraba unha misa solemne, pero é probable que xa formara parte dos fondos do convento desde o século XIV. O historiador Xesús Carro García estudou e describiu a táboa no convento en 1932.

En 1944 foi vendida pola comunidade relixiosa Manso Porto (1993a) recolle a autorización do arcebispo de 15.09.1944 (px. 589), pero engade que xa autorizara a venda en 1909., probablemente á colección Blanco-Cicerón Manso Porto (1993a), 599, en nota 138., aínda que a realidade é que se lle perdeu a pista ata o ano 2005 "Estaba en ignoto paradoiro desde 1944" (programa das conferencias celebradas no Museo de Pontevedra sobre o retablo en outubro de 2010).. Neste ano a táboa foi comprada a un anticuario madrileño e pasou a integrarse na colección Ruíz-Moya Decoster. Finalmente, en 2010, os representantes da familia cederon a peza en depósito ó Museo de Pontevedra, por un prazo de dez anos, que se prorrogou A mesma familia tamén cedeu ó Museo, en 2014, outro importante retablo do século XV, neste caso dedicado a Santo Estevo e de orixe catalá..

Descrición O retablo está formado por catro táboas de castiñeiro unidas verticalmente Carro García descríbeo como formado por tres táboas, unha delas fendida (px. 74).. Mide 196 cm de alto 195 cm, segundo Carro García (px. 74). por 162 cm de ancho, se ben resulta evidente que foi recortado en ámbolos bordos laterais e probablemente tamén pola parte inferior, xa que na táboa se bota en falta o episodio do martirio e crucifixión dos cristiáns. Os textos dos listeis que separan os rexistros están incompletos (recortados tanto nos inicios como nos finais) e tamén se observan en ámbolos lados figuras incompletas.

A composición distribúese en catro franxas horizontais duns 45-48 cm de altura: un ático ou frontón superior, practicamente triangular, e tres rexistros horizontais nos que se representan distintos momentos do martirio dos Dez mil mártires, separados entre si e do ático superior por tres listeis con inscricións. Tanto as figuras como os textos foron repintados no século XVI Ou XVII ou XVIII, segundo Carro García (px. 76). e tamén na época contemporánea. Estes epígrafes foron pintados con caracteres capitais do século XVI pero, aínda así, poden verse algunhas letras nos caracteres monacais orixinais "Segundo o testemuñan varias letras conservadas ó comezo de cada liña" (Manso Porto (1993a, 590).

Ático No frontón represéntase, centrado, a Deus Pai sedente, bendicindo ós fieis coa man dereita e sostendo unha esfera terrestre na man esquerda. A ámbolos lados hai cadanseu anxo orante, e á esquerda hai unha figura monstruosa, probablemente o demo. Á dereita hai outro anxo, voando, que mostra un filacterio Cinta con mensaxes ou identificacións que aparece en pinturas, esculturas, escudos de armas, etc. ós soldados do rexistro inferior. Este anxo promete a vitoria ós soldados de San Acasio se se converten ó cristianismo.

Rexistro superior miniatura|350 px|Momento da loita dos soldados de San Acacio, á dereita, contra os infieis, á esquerda

Represéntanse os dous exércitos cabalgando para enfrontarse entre si. No centro, entre eles, elévase unha estatua sobre unha columna clásica, que simbolizaría un deus romano, e ante ela hai dous soldados axeonllados, cara ao exército cristián. Este identifícase porque os soldados están nimbados, en alusión á súa inmediata antidade, e portan escudos e estandartes con cruces vermellas; sobre eles, un anxo mostra un filacterio no que se anuncia que CREED EN CRISTO I BENCEREIS.

O exército infiel, á esquerda, identifícase polas medias lúas que mostran non seus escudos Manso Porto (1993a), 590.. Vese como retroceden baixo unha chuvia de lanzas.

Na parte superior do rexistro lese a seguinte inscrición A transcrición do texto está tomada de Carro García, que estudou e copiou as epígrafes directamente no convento de Belvís; Manso Porto recoñece que o seu estudo se baseou nas fotografías do Arquivo Mas e nos datos achegados por aquel. Cómpre observar que cando Manso Porto escribe, o retablo está en paradoiro descoñecido, e que non se recuperou ata dez anos despois. En todo caso, a transcrición de ámbolos autores non é exacta.: COMO LOS DIEZ MIL MARTIRES, POR LA GRACIA DE CRISTO, FUERON CRISTIANOS I BENCIERON MIL EREGES A transcrición de Manso Porto di: [CO]MO LOS DIEZ MIL MÁRTIRES POR GRACIA DE [CRIST]O FVERON CRISTIANOS I VENCIERON CIEN MIL EREGES (Manso Porto (1993a, 590) (Manso Porto (1993b, 487). Realmente, a táboa non di "bencieron" nin "vencieron", senón que se le claramente "VENCENON". Aínda existe na rede unha transcrición diferente: "Como pelegan cen mil ireges con nove mil dos marteres vencenon per graça de deus os cen mil ireges" (en verbaescrita.blogspot (4.03.2013) [consultado o 9.08.2022]).

Rexistro medio No rexistro medio, San Acacio e os seus soldados xa foron transportados polos anxos ó monte Ararat, que se identifica pola mesta vexetación e as árbores e onde permanecerán tres días recibindo instrución dos principios da súa nova fe. Á esquerda represéntase un nutrido grupo de soldados romanos xa convertidos ó cristianismo, provistos de nimbo, avanzando cara catro anxos situados no centro e á dereita. O primeiro anxo mostra un filacterio no que se le PRESTO RECIBIREIS MARTIRIO.

No extremo da dereita, dous anxos traen alimentos para os soldados: pan e viño, os alimentos propios da Eucaristía.

Sobre a escena, lese a seguinte inscrición: DESPUES LOS LLEBO EL ANGEL AL MONTE ARARAT, E DO FUERON PRESOS I LLEBADOS DELANTE LOS EMPERADORES Y LOS MANDARON APE A transcrición de Manso Porto di: "[...]N M I DESPVES LOS LLEBO EL ANGEL AL MO[N]TE ARARAT, ADO[NDE] FVERON PRESOS I LLEVADOS DELANTE LOS ENPERADORES I LOS MANDARON APE" (Manso Porto (1993a, 590, con lixeiras variacións en 1993b, 487).

Rexistro inferior miniatura|esquerda|300px|Os emperadores Antonino e Hadriano ordenan lapidar os novos cristiáns

No último rexistro, San Acacio e os seus soldados foron levados ante os emperadores Antonino e Hadriano, que os cominan a abandonar a fe cristiá e adorar ós deuses romanos. Os emperadores están representados con coroas e indumentaria medieval, portando cetros e sentados coas pernas cruzadas (que simbolizan poder).

Os cristiáns néganse e os emperadores ordenan que sexan lapidados: vese a dous soldados en actitude de lanzar pedras contra aqueles, agrupados na parte central da imaxe Segundo a tradición, as pedras retornaban, milagrosamente, para caer sobre os soldados imperiais.. Tras o grupo de cristiáns se pinta un grupo de soldados armados que avanzan para cumprir a orde de execución.

Para explicar a escena, escríbese a seguinte inscrición: DREAR I QUE LE DIESEN TODA LA PASION DE CRISTO NUESTRO SEÑOR PADECIO ANSI POR ENTERO FUE EN TODOS EXECUTADA LA SENTENCIA A transcrición de Manso Porto di: "DREAR I Q[V]E LES DIESEN TODA LA PASION QUE [CRIST]O N[UESTRO] S[EÑOR] PADECIO. I ANSI POR E[N]TERO FVE EN TODOS ESECVTADA LA SENTENCIA" (Manso Porto (1993a, 590).

A tradición remata o proceso coa crucifixión dos Dez mil mártires Lémbrese o texto da inscrición: "toda a paixón que padeceu Cristo"., aínda que a iconografía sobre o caso tamén pode incluír os soldados botando ós cristiáns por unha barranca ou sobre acacias coas pólas afiadas para seren empalados Pola posible relación do nome de San Acacio co nome desta planta.. O retablo non representa a crucifixión, polo que cabe a posibilidade de que existise un rexistro máis hoxe desaparecido.

Análise artístico e lingüístico A táboa catalógase como gótico lineal, modalidade da pintura gótica que se desenvolve entre os séculos XIII e XIV. Caracterízase pola importancia concedida ás liñas do debuxo e o vivo cromatismo. Xorde neste momento a pintura gótica sobre táboa.

A maioría dos autores (Figueiredo, Carro García ou a ficha do Museo de Pontevedra, por exemplo) datan a táboa entre finais do século XIV e primeiros anos do século XV. Así o recoñece Manso Porto (1993a, 600, en nota 174), se ben ela propón o último catro do século XV:

A técnica utilizada é témpera sobre táboa. Carmen Manso xulga o tratamento das figuras como "tosco e inxenuo", especialmente nas figuras do primeiro e terceiro rexistro, agás os emperadores e soldados do último rexistro, que se pintaron con máis detalle nos rostros e detalles da roupaxe, pero cabe a posibilidade de que estas figuras estean repintadas Manso Porto (1993a), 591.. Tamén menciona que as características das armaduras dos soldados e dos escudos, moi apuntados, son comparables ás das esculturas funerarias dos séculos XV e XVI.