La Iberia foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1908 e 1914.

Historia e características Subtitulada Revista española de interés general, apareceu en outubro de 1908. Proclamábase defensora dos intereses españois na Arxentina e estaba dirixido por Julio de la Cuesta. Tivo como xefe de redacción a Joaquín Pesqueira,El Progreso, 3-1-1909, p. 2. e como redactor a Francisco S. Martínez;Vida Gallega, abril-1912, p. 44. o seu redactor artístico foi Alfredo de Treviño.Nova Galicia, 2-2-1913, p. 3. Ramón Zarauza foi o administrador.Suevia, 14-6-1913, p. 16. Publicou por entregas a novela Flor de maldad de Joaquín Pesqueira,El Diario de Pontevedra, 5-2-1909, p. 1. e a novela La demonia de Francisco Porto Rey.Nova Galicia, 23-4-1911, p. 4. Suspendeu a súa publicación durante dous meses para volver reaparecer en novembro de 1909.Nova Galicia, 14-11-1909, p. 2. En xaneiro de 1911 converteuse en quincenal.Nova Galicia, 2-2-1911, p. 4. En xullo de 1914 anunciou o cambio de nome por outro "xenuinamente galego".Nova Galicia, 7-7-1914, p. 2.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega

Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Buenos Aires