Östra Göinge é un municipio sueco (kommun) do condado de Escania. A súa capital é Broby. O concello limita con Kristianstad ao sur e sueste, con Hässleholm ao oeste e con Osby ao norte. No ano 2022 o municipio tiña unha poboación de 14 887 habitantes.
Xeografía
Hidrografía O río Ekeshultsån abastece ao lago Immeln ao redor da metade da súa auga, pero o río ten problemas de, entre outras cousas, acidificación e eutrofización, que tamén afectan ao lago. O Immeln e o seu sistema de lagos é unha das zonas de nidificación máis importantes en Escania para aguias peixeiras e movellas árticas. Nos lagos Rolstorpssjön e Tydingesjön hai zonas de baño.
Protección natural No concello hai seis reservas naturais que son administradas pola xunta do condado de Escania. Na reserva de Wanås hai ao redor de 1 100 grandes árbores, entre eles o carballo Snapphaneeken cunha circunferencia de 7,5 metros, e ambientes que son cómodos para polo menos 45 especies incluídas na lista vermella da IUCN. As tres reservas naturais de Dalshult, Sporrakulla e Grävlingabackarna dan xuntas unha idea de como se utilizaron as terras de Escania durante centos de anos ata principios do século XX.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Escania