María José Pizarro Rodríguez, nada en Bogotá o 30 de marzo de 1978, é unha artista plástica, activista e política colombiana. Dende o 20 de xullo de 2022 exerce o cargo de Senadora da República de Colombia, en representación do Pacto Histórico. Entre 2018 e 2022 foi membro da Cámara de Representantes.

Traxectoria Naceu o 30 de marzo de 1978, na cidade colombiana de Bogotá. Filla de Myriam Rodríguez e do exguerrillero e máximo líder do Movemento 19 de Abril (M-19), Carlos Pizarro Leongómez quen foi asasinado cando era candidato presidencial.

Durante a súa infancia e mocidade tivo que vivir no exilio, entre Colombia, Ecuador, Nicaragua e Francia. Regresou a Colombia cando o seu pai era candidato para as eleccións presidenciais de 1990 e volveu ao exilio despois o seu asasinato. En 2002 volveu un tempo do exilio e estabeleceuse en España para volver definitivamente ao país en 2010. Realizou unha exposición no Museo Nacional de Colombia chamada: Ya vuelvo: Carlos Pizarro, una vida pola paz, que se presentouse en Bogotá, Cali e Barcelona.

Ten estudos en xoiaría e artes plásticas. Traballou coa Secretaría de Cultura, recreación e deporte de Bogotá (2011-2013), o Centro Nacional de Memoria Histórica (2013-2017) e como activista a prol da paz, a memoria histórica e en homenaxe ás vítimas do conflito armado en Colombia. Dedicou boa parte do seu traballo a reconstruír a memoria do seu pai.

Congresista ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/49/Mar%C3%ADa_Jose_Pizarro%2C_Susana_Muhamad.png/228px-Mar%C3%ADa_Jose_Pizarro%2C_Susana_Muhamad.png|esquerda|miniatura|228x228px|María José Pizarro apoiando a lista de Colombia Humana - UP ao concello de Bogotá. Postulouse nas eleccións lexislativas de Colombia de 2018 como membro da Cámara de Representantes, pola Lista da Decencia en Bogotá, obtendo a cuarta maior votación con 78 mil votos. Tomou posesión do seu cargo o 20 de xullo do mesmo ano.

Postulouse nas eleccións lexislativas de Colombia de 2022, pola coalición Pacto Histórico nunha cota do partido MAIS. Resultou elixida e tomou posesión o 20 de xullo do mesmo ano.

O 7 de agosto de 2022, na súa calidade de senadora, púxolle a banda presidencial ao presidente Gustavo Petro.

Notas

Categoría:Nados en Bogotá Categoría:Nados en 1978 Categoría:Senadores de Colombia Categoría:Políticos de Colombia Humana Categoría:Membros da Cámara de Representantes de Colombia