Edoardo Ballerini, nado nos Ánxeles o 20 de marzo de 1970, é un actor, escritor e director italoamericano.
Traxectoria Primeiros anos e formación De pai italiano, o poeta Luigi Ballerini, e nai estadounidense, creceu entre Nova York e Milán. Ten dobre nacionalidade e é bilingüe. A súa primeira educación foi en Nova York, despois asistiu á Universidade Wesleyana, para formarse en literatura. Despois da súa graduación con honores, recibiu unha bolsa para estudar latín en Roma. En Italia, descubriu un grupo de actores expatriados que estaban a formar unha compañía de teatro e decidiu unirse ao grupo. No outono seguinte asistiu a clases de interpretación en Nova York nos HB Studios e no The Lee Strasberg Theatre Institute. Máis tarde foi observador no Actors Studio No ano 2000 trasladouse aos Ánxeles.
Primeiros papeis O seu primeiro papel importante foi en Looking for an Echo (1998), onde os críticos sinalaron o seu potencial, interpretando ao fillo de Armand Assante . Despois desta actuación, Ballerini interpretou a un brillante chef estrela en Dinner Rush (2001), de Bob Giraldi, xunto a Danny Aiello. Aínda que a película non foi ben recibida nos Estados Unidos tras a súa estrea, foi ben recibida polo circuíto de cine independente de Nova York.
Celebridade É famoso polo seu traballo diante das cámaras como o drogadicto Corky Caporale en The Sopranos (2006-2007), o temperamental chef en Dinner Rush (2001) e o negociante da NFL en Romeo Must Die (2000). Traballou en numerosas películas e series, desde I Shot Andy Warhol (1996) a Boardwalk Empire (2010) de Martin Scorsese. O seu debut como director, Good Night Valentino, estreouse no Festival de Cine de Sundance de 2003, e conta con Ballerini interpretando á estrela do cine mudo Rodolfo Valentino.Love Proverb . Worldfilm.about.com.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web oficial de Edoardo Ballerini
Categoría:Actores do estado de Nova York Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1970