Capercaillie é unha banda de música folk escocesa fundada na década de 1980 por Donald Shaw (músico) e dirixida por Karen Matheson.

Historia Gravaron o seu primeiro álbum, Cascade, en 1984. O seu álbum debut A Prince Among Islands foi a primeira gravación en gaélico escocés en chegar ao Top 40 de sinxelos do Reino Unido ( UK Top 40). Entre as máis escoitadas, outra canción de Capercaillie chamada Dark Alan (Alein Dunn) acadou o número 65. O álbum Secret People alcanzou a posición 40, e o álbum To the Moon acadou a posición 41. Capercaillie popularizou as cancións tradicionais gaélicas utilizando técnicas de produción modernas, así como métodos de mestura, combinando música tradicional con batería e baixo.

Toman o seu nome do Tetrao urogallus, a pita do monte das Highlands de Escocia.

Capercaille ao longo de máis de tres décadas participou en numerosos concertos en Galiza, como no Festifolk en Carballo, no Festival de Ortigueira, nas Festas de San Froilán de Lugo, etc., gravaron unha actuación nos Directos da Galega da CRTVG e en setembro de 2022 está prevista unha colaboración da Capercaillie Symphonic coa Real Filharmonía de Galicia no Festival Maré de Compostela, no Auditorio de Galicia.

Discografía

Álbums

1984: Cascade 1987: Crosswinds 1988: The Blood is Strong 1989: Sidewaulk 1991: Delirium 1992: Get Out 1993: Secret People 1994: Capercaillie 1996: To the Moon 1997: Beautiful Wasteland 1998: Glenfinnan (Songs of the '45) 2000: Nàdurra 2002: Choice Language 2008: Roses and Tears

Álbums e recompilacións en directo

1998: Dusk Till Dawn: The Best of Capercaillie 2002: Capercaillie Live in Concert 2004: Grace and Pride: The Anthology 2004-1984

En recompilacións conxuntas

Putumayo presents Celtic tides: a musical odyssey Celtic Christmas II: a Windham Hill collection (3 edicións, publicado en 1996, con músicos de Irlanda, Galiza e Escocia) Celtic crossroads Celtic odyssey Celtic women The Celtic Circle Celtic tides The rough guide to Celtic music : harp, fiddle, flute & guitar, Celtic connections One World Green Linnet Records: the twentieth anniversary collection

Membros

Karen Matheson - Voz Donald Shaw (músico) - Teclado, acordeón Charlie McKerron - Violín Michael McGoldrick - Frauta, Flauta de asubío, Gaitas Manus Lunny — Bouzouki, guitarra Ewen Vernal - Baixo Che Beresford - Batería David Chimp Robertson - Percusión

Antigos membros

Marc Duff — Sintetizadores, Tin whistle, Rauschpfeife, Bodhrán, John Saich - Baixo, Guitarra James Mackintosh - Batería Shaun Craig - Guitarra, bouzoukiBuzuki Martin MacLeod – Baixo, Violín Joan Maclachlan – Violín, Voz

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio web oficial de Capercaillie Páxina de contacto e contratación de Capercaillie en Galiza Discografía completa de Capercaillie Preguntas útiles sobre Capercaille (abarca a actividade do grupo até 1995)

Categoría:Grupos musicais de música celta Categoría:Grupos musicais de folk Categoría:Grupos musicais de Escocia