O rauschpfeife (en alemán Rauschpfeife, os substantivos van sempre en maiúscula) é un instrumento musical da familia de vento-madeira nado no século XVI. Trátase dun instrumento de dobre palleta de burato cónico, moi semellante ao cromorno e ás cornamusas antigas. Instrumento semellante ao rauschpfeife pero cunha campá pechada, que non hai que confundir coa cornamusa moderna.
Características Rauschpfeife diferénciase do cromorno principalmente pola forma do corpo, que, como na charamela, é cónica. Como resultado, o instrumento emite un son moi alto, polo que é adecuado para impresionar ao inimigo na batalla.
A palabra rauschpfeife, ademais de referirse a un instrumento de vento concreto, utilizábase no pasado para indicar o vento-madeira en xeral: por exemplo, un encargo de compra de instrumentos, feito polo concello de Nürnberg en 1538, indicaba a necesidade de Rauschpfeiffen, pero no corpo da orde foron listados frautas, cornetas, charamelas e outros instrumentos.Barra Boydell. "Rauschpfeife", Grove Music Online, ed. L. Macy (acceso o 8 de febreiro de 2006), grovemusic.com .
Como ocorre con moitos instrumentos deste período e xénero, a práctica filolóxica da música antiga permitiu redescubrir o rauschpfeife nas últimas décadas; de feito, os exemplos modernos son construídos e interpretados por admiradores da música antiga en todo o mundo. Tamén son empregados na música folk por grupos como Capercaille.
Co mesmo nome existe tamén un rexistro particular do órgano.
Notas
Véxase tamén
Charamela Punteiro Clarinete Cornamusa Óboe Fagot Vento-madeira
Categoría:Instrumentos de vento