Nancy Witcher Langhorne Astor, Vizcondesa Astor, nada en Danville (Virxinia) o 19 de maio de 1879 e finada en Grimsthorpe (Inglaterra) o 2 de maio de 1964, foi unha política británica nada nos Estados Unidos que foi a primeira muller membro do parlamento, en que estivo entre 1919 e 1945.Constance Markievicz, membro do Sinn Féin, foi a primeira muller elixida para o Parlamento en 1918, mais rexeitou tomar asento seguindo a política do partido. Ademais estaba arrestada na prisión de Holloway nese tempo. En cambio, Markievicz entrou no An Chéad Dáil da República Irlandesa revolucionaria.

Traxectoria O primeiro marido de Astor foi o estadounidense Robert Gould Shaw II; a parella separouse despois de catro anos e divorciouse en 1903. Mudouse a Inglaterra e casou con Waldorf Astor. Despois de que o seu marido ascendese á nobreza e entrase na Cámara dos Lords, ela entrou na política como membro do Partido Conservador e gañou o escano por Plymouth Sutton en 1919, converténdose na primeira muller en sentar como MP (membro do parlamento) na Cámara dos Comúns.

Serviu no Parlamento ata 1945, cando foi animada a renunciar. Astor foi criticada polo seu antisemitismo e a súa visión comprensiva do nazismo.

Legado En 1982 a BBC emitiu unha serie de televisión en nove partes sobre a súa vida, Nancy Astor, que protagonizou Lisa Harrow. Instalouse unha estatua de bronce de Lady Astor en Plymouth, preto da súa antiga casa familiar, en 2019 para conmemorar o centenario da súa elección ao Parlamento.

O antisemitismo de Astor está amplamente documentado e foi criticado en anos recentes, particularmente cando a ex primeira ministra Theresa May desvelou a estatua na súa honra en 2019 coa asistencia do primeiro ministro Boris Johnson, e posteriormente cando a parlamentaria laborista Rachel Reeves conmemorou a Astor nunha serie de chíos. O entón líder do Partido Laborista, Jeremy Corbyn, aínda que se opuxo ao seu antisemitismo, recoñeceuna como a primeira muller MP que asumiu o cargo e por iso eloxiou a instalación da estatua comentando "Estou realmente contento de que se erga esta estatua".

Durante as protestas pola morte de George Floyd en 2020, apareceu pintada a palabra "Nazi" na súa base. A estatua aparece na listaxe publicada pola páxina web Topple the Racists.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Astor, Michael, Tribal Feelings (Readers Union, 1964) Cowling, Maurice, The Impact of Hitler: British Policies and Policy 1933–1940, Cambridge University Press, 1975, p. 402,

Musolf, Karen J., From Plymouth to Parliament (St. Martin's Press, 1999)

Wearing, J. P. (editor), Bernard Shaw and Nancy Astor (University of Toronto Press, 2005)

Ligazóns externas Portrait of Nancy Langhorne Shaw Astor by Edith Leeson Everett, Virginia Historical Society, Richmond, Virginia Mirador Historical Marker , Albemarle County, Virginia www.cracroftspeerage.co.uk UK Parliamentary Archives, Personal Papers of Mrs Bessie Le Cras, Parliamentary Agent for Lady Nancy Astor

Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Membros do Parlamento do Reino Unido