DeMarre LaEdrick Carroll, nado o 27 de xullo de 1986 en Birmingham, Alabama, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense.

Traxectoria Carroll foi elixido na 27ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Memphis Grizzlies. Tras dúas tempadas nos Grizzlies, o 24 de febreiro de 2011, foi traspasado xunto a Hasheem Thabeet e unha futura elección da primeira rolda do Draft ós Houston Rockets, a cambio de Shane Battier e Ish Smith.Rockets Deal For Thabeet, Dragic And Carroll O 11 de abril de 2011, foi cortado polos Rockets.

O 8 de febreiro de 2012, Carroll asinou cos Utah Jazz.Jazz Agrees to Terms with Free-Agent Forward DeMarre Carroll

O 3 de agosto de 2013, Carroll asinou cos Atlanta Hawks.

O 9 de xullo de 2015, Carroll asinou un contrato por catro anos cos Toronto Raptors. Debutou cos Raptors o 28 de outubro de 2015, facendo 14 puntos e 8 rebotes na vitoria de Toronto por 106–99 contra os Indiana Pacers.

O 13 de xullo de 2017, Carroll foi traspasado xunto a dúas eleccións do Draft de 2018 ós Brooklyn Nets, a cambio de Justin Hamilton.

O 6 de xullo de 2019, Carroll foi traspasado ós San Antonio Spurs nun traspaso entre tres equipos. Tras ser cortado polos Spurs, Carroll asinou cos Houston Rockets o 21 de febreiro de 2020.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Birmingham, Alabama Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Adestradores asistentes dos Milwaukee Bucks Categoría:Adestradores asistentes dos Los Angeles Lakers