Enköping é un municipio sueco (kommun) do condado de Uppsala. A súa capital é Enköping. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 48 591 habitantes.

A parte meridional do concello de Enköping está formada por unah paisaxe agrícola aberta e escasamente poboada con illas de morena. Tamén hai morenas terminais, especialmente na zona ao sur de Härkeberga. A parte norte está cuberta de bosque agás nos vales, que en cambio consisten nunha paisaxe agrícola. Ao redor do 45 por cento da superficie do concello e terreo cultivado, moi por riba da media do país, que é do 7,4 por cento. Porén, a gran proporción de terras agrícolas non se reflicte na economía local, que historicamente se caracterizou pola produción de ferramentas. A principios da década de 2020 a actividade económica local estaba dominada polas industrias de servizos.

Xeografía O concello está situado na parte occidental da provincia histórica de Uppland e limita ao norte co municipio de Heby, ao nordés co de Uppsala e ao leste co de Håbo, todos no condado de Uppsala. Ao noroeste Enköping limita co municipio de Sala e ao oeste co de Västerås, os dous no condado de Västmanland, e ao sur limita con Strängnäs, en Södermanland, e ten fronteira marítima con Ekerö, en Estocolmo.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Uppsala