Färgelanda é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland. Anteriormente pertencía ao desaparecido condado de Älvsborg. A súa capital é Färgelanda. En decembro do ano 2024 a poboación do concello era de 6 376 habitantes.

Historia administrativa A área do concello correspóndese coas parroquias de Färgelanda, Högsäter, Järbo, Lerdal, Råggärd, Rännelanda, Torp e Ödeborg. Nestas parroquias fundáronse municipios rurais coa reforma municipal de 1862 co mesmo nome.

Coa reforma de 1952 nacéron tres chamados grandes municipios (storkommuner): Högsäter (a partir de Högsäter, Järbo, Lerdal, Råggärd e Rännelanda), Färgelanda (sen cambios) e Ödeborg (de Torp, Valbo-Ryr e Ödeborg).

En 1967 disolveuse e dividiuse o municipio rural de Ödeborg e as parroquias de Torp e Ödeborg incorporáronse a Färgelanda, mentres que a de Valbo-Ryr pasou a formar parte do concello rural de Munkedal. En 1971 introducíuse un tipo uniforme de municipio e o concello rural de Färgelanda transformouse no municipio de Färgelanda. En 1974 incorporouse o concello de Högsäter e Färgelanda recibiu a súa extensión actual.

O concello pertence dende á súa fundación ao partido xudicial de Vänersborg.

Xeografía O concello está situado no suroeste do landskap de Dalsland e limita ao norte cos municipios de Dals-Ed e Bengtsfors, ao leste cos de Mellerud e Vänersborg, ao sur co de Uddevalla e ao oeste co de Munkedal.

Demografía

Comunicacións En dirección norte-sur o concello é atravesado pola estrada do condado (länsväg) 172, e a 173 únese a esta na localidade de Färgelanda e vai cara ao leste. A empresa de transportes do condado, Västtrafik, ten tráfico de autobuses ao longo desas estradas. Dende a década de 1960 non hai ferrocarril no concello.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västra Götaland