O Scaligera Basket Verona, actualmente coñecido como Tezenis Verona por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano con sede en Verona, Véneto. Fundado en (1969, o club xoga os seus partidos como local no PalaOlimpia, recinto con capacidade para 5 350 espectadores. Conta no seu palmarés cunha Copa Korać, unha Copa e unha Supercopa. Actualmente, após conseguiren o ascenso desde a Serie A2 na temporada (2021−22, o equipo compite na LBA, a máxima categoría do baloncesto transalpino.

Historia Comezos O Scaligera Basket foi fundado en Verona en 1951. Desde 1951 até 1971, o Scaligera participou en competicións locais e rexionais. A comazos da década de 1970, un empresario local, Giuseppe Vicenzi converteuse no novo propietario do club e patrocinou o equipo baixo a marca Vicenzi Biscotti, que se converteu nun dos nomes máis coñecidos de Scaligera. Na tempada 1976–77, Scaligera chegou á Serie B. A pesar do descenso á Serie C na tempada seguinte, o club puido recuperar o ascenso na tempada 1977–78. Despois duns anos na Serie B, na tempada 1982–83, baixo o liderado do adestrador Bruno Arrigoni, o Verona ascendeu á Serie A2, a segunda división do baloncesto italiano.

No primeiro ano da Serie A2, o Scaligera tivo que xogar en Padua debido á falta dun polideportivo en Verona. Ademais, o club descendeu á Serie B. Con todo, o equipo volveu conseguiu regresar á Serie A2 en 1986. Nesta época do ascenso, o equipo estaba patrocinado por Citrosil, un produto de Glaxo, unha compañía farmacéutica cuxa sede italiana estaba situada en Verona e que, grazas á determinación do seu presidente Mario Fertonani, decidiu apoiar á familia Vicenzi. O descenso de 1987 foi inmediatamente seguido polo retorno á Serie A2 en 1988, cando o equipo foi patrocinado directamente por Glaxo. En 1989, Alberto Bucci converteuse no novo adestrador do equipo, con todo, Scaligera non logrou o ascenso na tempada 1989–90.

Época dourada Os anos da Serie A2 remataron na temporada 1990–91, que se caracterizou polo primeiro e histórico ascenso á Serie A1 e, sobre todo, coa vitoria na Copa Italiana, o primeiro título do Scaligera. Este trofeo foi conseguido o 21 de febreiro de 1991, despois de gañar na final ao Philips Milano por 97–85. Este éxito pasou nos anais do baloncesto italiano, xa que foi a primeira e até agora a única copa nacional gañada por un equipo da segunda división. Os xogadores máis importantes daquela temporada foron Russ Schoene, Tim Kempton, Sandro Brusamarello, Giampiero Savio, Riccardo Morandotti e Paolo Moretti, así como o pivote Alessandro Frosini.

Durante o verán, o adestrador Bucci deixou o club, sendo contratado polo Scavolini Pesaro. Así, o Scaligera non conseguiu atopar un substituto valioso para o adestrador Bucci e o campionato 1991–92 terminou cun descenso á Serie A2. Con todo, baixo o mando de Franco Marcelletti, o club ascendeu inmediatamente na temporada seguinte grazas a xogadores importantes como Alessandro Frosini, Davide Bonora, Henry Williams, Sylvester Gray e Giacomo Galanda. En 1993–94, o equipo chegou a ocupar o cuarto lugar na tempada regular e, tras derrotar 2−0 ao Olimpia Milano nos cuartos de final, o Verona foi eliminado polo Virtus Bologna nas semifinais por 2-1. Esa temporada o equipo tamén chegou á final da Copa de Italia, mais perdeu contra o Benetton Treviso. Na temporada 1995–96, o equipo de Marcelletti chegou de novo á final da Copa de Italia; con todo, perdeu contra o Milano. En 1996 o equipo consegue un novo título, a Supercopa de Italia de 1996.

Na temporada 1997−98 chegaría o primeiro título internacional do club despois de conseguir a Copa Korać, gañada na final contra o Estrela Vermella de Belgrado. A final foi disputada a ida e volta, con vitoria para os italianos na casa por 68 a 74 e con derrota na Hala Pionir por 64 a 73, nun partido moi acalorado que permitiu ao capitán Roberto Dalla Vecchia e ao mozo adestrador Andrea Mazzon levantar o trofeo. Nos anos seguintes, porén, o club descoidou a canteira e centrouse en contratar destacados xogadores extracomunitarios como Eddie Elisma, Conner Henry, David Booth, Dedric Willoughby, Adrian Griffin (subcampión da NBA cos Dallas Mavericks na temporada 2005−06), Victor Page, Miroslav Berić ou Louis Bullock.

Refundación No ano 2000 o equipo chegou ás semifinais da liga e obtivo a clasificación para a Euroliga, mais foi o principio do fin. O club entrou en crise financeira no 2002 e entrou deliberadamente en bancarrota, perdendo o dereito de continuar na máxima categoría, sen o club absorvido polo SanZeno Basket, club fundado ese mesmo ano. Despois duns anos de incerteza, creaouse un programa plurianual destinado a devolver ao club á elite. Serie A. Na temporada 2006−07 o disputa a final para subir á B2, mais é derrotado a mans de Juvi Cremona. Porén, o club consegue ascender de todos os xeitos adquirindo e traspasando a Verona os dereitos do club cremonense, renomeando o equipo como Baloncesto Scaligero. O primeiro campionato do Basket Scaligero en B2 remata nos cuartos de final dos playoffs polo ascenso.

A tempada seguinte, a club chega a un acordo de patrocinio con Tezenis, unha marca de roupa interior e de roupa de durmir do grupo Veronese Calzedonia, alén do apoio financeiro da Banca Popolare di Verona e do Ente Fiere di Verona. Filippo Faina, que a finais dos noventa dirixira ao entón Müller Verona foi contratado como novo adestrador. O Tezenis remata a temporada regular na segunda posición por detrás de Triveneta Albignasego, club ao que derrota posteriormente na final tras unha serie de catro partidos, que concluíu o 27 de maio de 2009 co ascenso á Serie A Dilettanti. No campionato Dilettanti de 2009−10. Ese mesmo ano o club recupera o seu o nome histórico de Scaligera Basket. Após varios ascensos e despois de 21 anos, o club consegue regresar á máxima categoría na temporada 2021−22, grazas ao segundo posto na liga regular e, posteriormente, a vitoria na final dos playoffs por 3−1 ante o APU Udine.

Patrocinios Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia: Vicenzi Verona (1974−1984) Citrosil Verona (1985–1987) Glaxo Verona (1987−1994) Birex Verona (1994−1995) Mash Jeans Verona (1995–1998) Müller Verona (1998–2002) Tezenis Verona (2008–presente)

Xogadores Destacados

Davide Bonora Giuseppe Brumatti Sandro Brusamarello Roberto Bullara Riccardo Caneva Claudio Capone Marco Carraretto Francesco Fischetto Vittorio Gallinari Lino Lardo Aniello Laezza David Londero Claudio Malagoli Riccardo Morandotti Giacomo Galanda Matteo Nobile Alessandro Frosini Alessandro Boni Andrea Camata Paolo Moretti Rodolfo Rombaldoni Giampiero Savio Roberto Dalla Vecchia Giampaolo Zamberlan David Arigbabu Hansi Gnad Antonio Porta Leo Rautins Sasha Vujačić Diego Fajardo A.J. Abrams Corey Albano James Bailey Jay Bilas Louis Bullock Marty Conlon Corey Crowder Bill Edwards Bill Garnett Sylvester Gray Conner Henry Mike Iuzzolino Tim Kempton Randolph Keys Ryan Lorthridge Mickey McConnell Scott Meents Victor Page Casey Schmidt Russ Schoene Jeff Trepagnier Spud Webb Trevor Wilson Henry Williams Miroslav Berić Dražen Dalipagić

Adestradores

Bruno Arrigoni (1982−1985) Silvio Bertacchi (1985−1987) Gianfranco Lombardi (1987−1989) Alberto Bucci (1989−1991) Mario Blasone (1991−1992) Gianni Trevisan (1992) Franco Marcelletti (1992−1996) Phil Melillo (1996) Andrea Mazzon (1996−1998) Franco Marcelletti (1998) Rudy D'Amico (1998−1999) Franco Marcelletti (1999−2000) Filippo Faina (2000−2001) Lino Lardo (2001−2002) Filippo Faina (2008−2010) Walter De Raffaele (2010) Franco Marcelletti (2010−2011) Luigi Garelli (2011) Alberto Martelossi (2011−2012) Alessandro Ramagli (2012−2015) Marco Crespi (2015−2016) Fabrizio Frates (2016 Luca Dalmonte (2016−2019) Andrea Diana (2019−2021) Alessandro Ramagli (2021-presente)

Palmarés Copa Korać Campións (1): 1998

Copa de Italia Campións (1): 1991 Subcampións (2): 1994, 1996

Supercopa de Italia Campións (1): 1996

Copa da LNP (2ª Categoría) Campións (1): 2015

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Italia