Haninge é un municipio arquipélago sueco (kommun) do condado de Estocolmo. A súa capital é Handen, que forma parte da área urbana de Estocolmo. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 100 895 habitantes.
Nome O nome Haninge formouse aparentemente co sufixo -inge, para nomear condicións de terreo marcadas, neste caso Hanveden, unha zona de bosque no oeste do concello. Haninge foi probablemente o nome dunha estación postal na parroquia de Österhaninge.
Xeografía O concello está situado na illa de Södertörn, na parte nordés da provincia histórica de Södermanland. Ao leste, o municipio limita co mar Báltico co arquipélago sur de Estocolmo. Ao sueste atópase o concello de Nynäshamn, ao oeste o de Botkyrka, ao noroeste o de Huddinge e ao nordés o de Tyresö, todos eles no condado de Estocolmo.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Estocolmo