Luis López López, coñecido como Garavito, nado en Paradela e finado en 1940, foi un político galego.
Traxectoria Estudante de Dereito en 1936. Apoderado dos candidatos de dereitas, foi detido e internado no cárcere de Sarria en febreiro de 1936.La Voz de la Verdad, 15-2-1936, p, 2. Identificado como fascista, era vixiado polo Comité da Fronte Popular de Castro de Rei de Lemos.El Ideal Gallego, 17-7-1936, p. 7. Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado xefe local da Falange de Paradela. Actuou en Cospeito como xefe de milicias en setembro en labores de represión e recadación.La Voz de la Verdad, 4-9-1936, p, 4. A principios de novembro marchou á fronte de Madrid.El Ideal Gallego, 7-11-1936, p. 4. En 1938 foi xulgado con Mario González Zaera e Eduardo Gómez Requejo na causa 1/38, acusados de actividade conspiradora contra Franco, co obxectivo de minar a autoridade deste e atentar contra a súa persoa para conseguir a hexemonía de Hedilla; foron condenados a morte, pero as sentenzas foron conmutadas polas de reclusión a perpetuidade.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas "Cobiza de lobos. A falange en Lugo" María Jesús Souto Blanco in I Congreso da Memoria. A represión franquista en Galicia.
Categoría:Falanxistas Categoría:Nados en Paradela Categoría:Finados en 1940 Categoría:Nados no século XX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes